Arizona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arizona
State of Arizona
Bandeira de Arizona
Bandeira
Lema: Ditat Deus
Mapa dos EUA coa Arizona en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Phoenix
Maior cidade Phoenix
Gobernador Jan Brewer
Lingua oficial: inglés
Área 295.254 km² (6)
 - Terra 294.312 km²
 - Auga 942 km² (0,32%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5.130.632 (20)
 - Densidade 17,4 /km² (36)
Entrada na Unión
 - Data 14 de febreiro de 1912
 - Orde 48º
Xeografía
Fuso horario Montañas: UTC-7
(excepto en Navajo Nation, DST)
Latitude 31°20'N a 37°N
Lonxitude 109°3'O a 114°50'O
Largo N-S 645 km
Ancho E-O 500 km
Altitude
 - Altitude media 1.250 m
 - Máis elevado 3.851 m
 - Menos elevado 21 m
Códigos e abreviacións
 - USPS AZ
 - ISO 3166-2 US-AZ
Sitio web
[1]
Gran Canón do Colorado en Arizona.

Arizona[1] é un estado dos Estados Unidos da América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do sudoeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.[2]

A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona,[3] repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fóra colonizada por España, pasando a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf. 
  2. Linda Kane. "CBP: Securing America's Borders. Arizona Border Control Initiative – Phase II. Consultado o 12 de novembro de 2009
  3. State Population Estimates by Race Alone and Hispanic or Latino Origin. U.S. Census Bureau. Consultado o 12 de novembro de 2009
  4. Celebrating Arizona's Centennial: 1912-2012. Consultado o 12 de novembro de 2009
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arizona