Alba de Tormes
Alba de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Alba de Tormes é tamén o nome do seu principal núcleo de poboación.
De pouco máis de 3000 habitantes en 1900, a súa poboación foi aumentando durante a maior parte do século XX. A finais de 2005 contaba cunha poboación de 4953 habitantes, 2.457 homes e 2.496 mulleres, nunha superficie de 46,51 km². A súa altitude é de 830 m sobre o nivel do mar.
Limita: ao N co municipio de Garcihernández, ao E co municipio de Aldeaseca de Alba, ao SE co municipio de Navales, ao S co municipio de Encinas de Arriba, ao SO co municipio de Martinamor, e ao O co municipio de Terradillos.
A súa economía basease en cereais, remolacha azucreira, garavanzos e patacas. Cultivo de regadío e de secaño.
Índice |
Historia [editar]
Alba de Tormes é un municipio histórico. Conten a vila do mesmo nome, que conforma o Ducado de Alba de Tormes, antigo condado e señorío. Ademais neste concello está o sepulcro de Santa Teresa de Xesús, onde se conserva o seu corpo incorrupto.
Monumentos [editar]
- Basílica (S. XIX): Templo inacabado de estilo. Foi concibida para albergar os restos da Santa e acoller os miles de peregrinos que ían visitalos. Cabe tamén destacar as 8 capelas laterais.
- Castelo dos Duques de Alba: Comezouse a construír sobre 1430, e concluíuse no século XVI, sendo desde o momento da súa construción residencia dos Duques de Alba. A sobriedade dos severos muros da antiga Torre da Homenaxe contrasta coa grandeza do seu interior, onde a Sala da Armería mostra excepcionais frescos renacentistas realizados polo italiano Cristóbal Passini. A sala baixa alberga unha interesante exposición dos restos arqueolóxicos encontrados nas escavacións realizadas no propio castelo en 1993.
- Ermida da virxe de Otero.
- Ponte do río Tormes.
- Igrexa MM Benedictinas.
- Colexio - Seminario San Xerome: É un mosteiro que pertenceu aos Premostratense e que despois pasou aos Xerónimos, e de aí lle ven o seu nome. Na actualidade é un colexio dos Padres Reparadores[1].
- Igrexa de Santiago: É a máis antiga de Alba. Foi albergue de peregrinos. Mestura o mourisco e o románico, combinando ladrillo e pedra.
- Igrexa de San Juan de la Cruz: Primeiro templo do mundo dedicado ao santo carmelitano.
- Igrexa de San Xoán: Foi construída a finais século XII e principios do XIII. É de estilo Románico-mudéxar e declarada Monumento Nacional. Alberga no seu interior pezas extraordinarias encadradas dentro dos máis variados estilos, entre as que se encontra o Apostolado románico-bizantino de pedra areisca policromada.
- Igrexa de San Pedro: Portada gótica que perdura despois dun incendio que destruíu por completo o templo. É a sede parroquial de Alba.
Festas [editar]
- 5 de febreiro.
- 25 - 27 de agosto: Festa da Transverberación de Santa Teresa ou Festas de verán.
- 14 - 22 de outubro: Festas Patronais en honor de Santa Teresa.