La Celestina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Celestina
Comedia de Calisto y Melibea, Burgos,Fadrique Alemán, 1499 fol 1r.jpg
Título orixinal Comedia de Calisto y Melibea
Tragicomedia de Calisto y Melibea
Autor Fernando de Rojas
País España
Lingua castelán
Data de pub. 1499

La Celestina é unha popular obra da literatura castelá. Coñécese con este nome desde o século XVI á obra titulada primeiro Comedia de Calisto y Melibea e despois Tragicomedia de Calisto y Melibea, atribuída case na súa totalidade ao bacharel Fernando de Rojas. É unha obra de transición entre a Idade Media e o Renacemento escrita durante o reinado dos Reis Católicos. A súa primeira edición coñecida data de 1499. Constitúe unha das bases sobre as que se cimentou o nacemento da novela e o teatro modernos.

Versións[editar | editar a fonte]

Chegaron ata nós dúas versións de La Celestina:

- La comedia de Calisto y Melibea, de 16 actos. Publicouse por primeira vez en Burgos(1499), sen título e sen o nome do autor. Apareceu unha segunda edición en Toledo (1500) na que aparece a carta de El autor a un su amigo e uns versos acrósticos (lidas verticalmente as iniciais, forma unha frase na que se di que Fernando de Rojas é o autor de La Celestina. Hai unha terceira edición en Sevilla.

- La tragicomedia de Calisto y Melibea, de 21 actos. Dende a edición de Zaragoza, Rojas cambia o título de comedia por tragicomedia, e engade cinco actos máis. Tamén intercala parágrafos e frases nos actos anteriores.

Autor[editar | editar a fonte]

Fernando de Rojas dinos na carta O autor a un su amigo que o primeiro acto de La Celestina pertence a un escritor anónimo, logo, pódese considerar a existencia de dous autores.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A obra comeza cando Calisto ve casualmente a Melibea no horto da súa casa, onde entrou a buscar un falcón seu, pedíndolle o seu amor. Esta rexéitao, pero xa é tarde, caeu violentamente namorado de Melibea.

Por consello do seu criado Sempronio, Calisto recorre a unha vella prostituta e agora alcahueta profesional chamada Celestina quen, facéndose pasar por vendedora de artigos diversos, pode entrar nas casas e dese xeito pode actuar de casamentera ou concertar citas de amantes; Celestina tamén rexenta un prostíbulo con dúas pupilas, Areusa e Elicia.

O outro criado de Calisto, Pármeno, cuxa nai foi mestra de Celestina, intenta disuadilo, pero termina desprezado polo seu señor, ao que só lle importa satisfacer os seus desexos, e únese a Sempronio e Celestina para explotar a paixón de Calisto e repartirse os agasallos e recompensas que produza.

Mediante as súas habilidades dialécticas e a promesa de conseguir o favor dalgunha das súas pupilas, Celestina atráese a vontade de Pármeno; e mediante a maxia dun conxuro a Plutón, unido ás súas habilidades dialécticas, logra así mesmo que Melibea namórese de Calisto. Como premio Celestina recibe unha cadea de ouro, que será obxecto de discordia, pois a cobiza lévaa a negarse a compartila cos criados de Calisto; estes terminan asasinándoa, polo cal vanse presos e son xulgados.

As prostitutas Elicia e Areusa, que perderon a Celestina e aos seus amantes, traman que o fanfarrón Centurio asasine a Calisto, pero este en realidade só armará un alboroto. Mentres, Calisto e Melibea gozan do seu amor, pero ao oír a axitación na rúa e crendo que os seus criados están en perigo, Calisto salta o muro da casa da súa amada, cae e mátase. Desesperada Melibea, suicídase e a obra termina co choro de Pleberio, pai de Melibea, quen lamenta a morte da súa filla.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Celestina
  • Calisto
  • Melibea
  • Pármeno
  • Sempronio
  • Elicia
  • Areusa
  • Alisa
  • Pleberio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]