Fermoselle
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fermoselle é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Esténdese por unha área de 69.34 km² onde no ano 2007 vivían 1.482 habitantes.
Localización [editar]
Fermoselle en Zamora.
O municipio de Fermoselle encóntrase na comarca de Sayago dentro do Parque Natural Arribes del Duero. Atópase no sudoeste zamorano, a 41° 19′ 07″ N e a 6° 23′ 52″ O, e dista de Zamora capital uns 63 km.
Os seus límites serven de fronteira natural coa provincia de Salamanca nas beiras do recorrido do río Tormes e con Portugal, co río Douro. Conta cun paso fronteirizo sobre a presa de Bemposta no tramo de aproveitamento portugués do Douro.
| Noroeste: Portugal | Norte: Pinilla | Nordeste: Fornillos |
| Oeste: Portugal | Leste: Cibanal | |
| Sudoeste Villarino | Sur: Trabanca | Sueste: Almendra |
Demografía [editar]
Evolución da poboación de Fermoselle dende a década dos 50 ata agora:

Política [editar]
O reparto de escanos quedou deste xeito:
| PSOE | PP | Outros | Total | |
|---|---|---|---|---|
| 2007 | 3 | 6 | 0 | 9 |