Rexión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División rexional da República arxentina

Unha Rexión (latín: regĭo ) é unha división espacial dun Estado ou dunha área distinta, determinada por carácteres étnicos, demográficos, históricos, culturais, económicos ou circunstancias especiais de clima, topografía, administración, goberno etc. O concepto de rexión está indisolubelmente ligado ao de escala, polo que podemos considerar a existencia de rexións de moi diverso tamaño, dende rexións supranacionais (por exemplo, Comunidade Europea, Rexión Andina etc.) até pequenas bisbarras ou un reducido val de montaña. Constitúe o obxecto de estudo da xeografía rexional