Trazaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En arquitectura o termo trazaría ou tracería, fai referencia ao traballo decorativo en pedra (tamén por veces madeira) composto por elementos xeométricos e utilizado na arquitectura, especialmente de gran desenvolvemento na arquitectura gótica. Este ornamento pode subdividir aberturas (como nun rosetón) en forma de renda perforada ou revestir áreas con formas en relevo podéndose atopar aplicado para coroar fiestras, arcos, a ornamentar bóvedas, gabletes e pináculos ou a cubrir superficies planas como paneis (de coro por exemplo) ou paredes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O termo foi empregado por vez primeira por Christopher Wren, mais a súa aplicación remontase xa ao estilo románico aplicado a fiestras onde unha circunferencia colocada na parte superior da frecha do arco inscribe un lobo simple. Á medida que as fiestras comezan a ser subdivididas en máis partes (por exemplo, fiestras xeminadas, de dúas luces) vanse preenchendo os espazos entre os arcos quebrados con tracería.

No estilo gótico os lobos poden tamén estar inscritos en cadrados ou triángulos e as formas xeométricas tórnanse máis complexas. É normal atopar na frecha dun arco quebrado lobos cuxos "gomos" se prolongan en longos brazos terminando tamén, pola súa parte, en trilobos.

A partir da segunda metade do século XIII e durante o século XIV a tipoloxía formal tórnase máis intrincada dando lugar a áreas que se asemellan a filigrana pola súa complexidade. É en Francia e nas súas catedrais onde se conservan os máis variados exemplares desta técnica. Co pasar do tempo as formas tórnanse máis estilizadas e a composición pasa a executarse conxugando perfís illados e finos de pedra (arrendado de homes) en vez de se perforar a superficie en si (arrendado plano). Moitas veces facía falla reforzar a estrutura delgada con barras de ferro. Nesta época a súa aplicación xa era moi variada, non se limitando ao coroamento de fiestras.

Detalle de rosetón do século XIII, ilustración de 1856.

No último cuarto do século XIV e no século XV os padróns xeométricos tórnanse máis fluídos e ondulantes englobando curvas e contra-curvas, no que ficou denominado como gótico flamíxero. Inglaterra, por outro lado, asume no seu gótico perpendicular unha tracería composta de elementos rectilíneos dispostos vertical e horizontalmente formando unha malla perpendicular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
  • KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría