Río Tormes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Tormes
20060706-Alba de Tormes.jpg
O Tormes á altura de Alba de Tormes
País España
Rexión n/d
Nacemento Fuente Tormella (serra de Gredos)
Altitude n/d
Lonxitude 247,1 km
Caudal medio 28,36 m³/s (Salamanca)
Conca 7.096 km²
Desembocadura Río Douro
O Tormes identifícase co río que pasa por Salamanca.
Río Tormes en Salamanca.

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do Río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Tormes nace na Fuente Tormella, na serra de Gredos, mo concello de Navarredonda de Gredos, provincia de Ávila, a uns 1.500 msnm. No seu curso alto é un típico río de montaña que atravesa un terreo abrupto formado por rochas graníticas. Atravesa primeiramente a provincia de Ávila, para entrar a continuación na de Salamanca, onde baña a capital. No seu tramo final o Tormes serve de límite entre a provincia de Salamanca e a de Zamora, para desaugar finalmente no río Douro, entre Villarino e Fermoselle, e xusto en fronte da localidade portuguesa de Bemposta.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Conca e réxime[editar | editar a fonte]

A conca do Tormes abrangue unha área de 7.096 km². O réxime do río é de tipo Réxime pluvio-nival|pluvio-nival, como todos os afluentes maiores do Douro. O caudal medio do Tormes é de 28,36 m³/s, na estación de aforo de Salamanca.

Encoros[editar | editar a fonte]

Comoquer que as características hídricas do Tormes non aseguraban o abastecemento de auga para as poboacións da conca na época estival, a fins da década de 1960, ergueuse o encoro de Santa Teresa, cerca de Guijuelo, cunha capacidade de 496 millóns de m³, que regulaban a provisión de auga no verán e controlaba a grandes cheas invernais. Perto da unión co Douro, levantouse o encoro de Almendra con 2.648 hm³ de capacidade.

Localidades que atravesa[editar | editar a fonte]

Desde a fonte até a súa desembocadura o Tormes, pasa polas seguintes localidades de importancia, como Hoyos del Espino, El Barco de Ávila, Guijuelo, Alba de Tormes, Santa Marta de Tormes, Salamanca e Ledesma.

Datos medioambientais[editar | editar a fonte]

No seu curso alto presenta unha flora de tipo atlántico (Quercus pyrenaica, Alnus glutinosa) e a persistencia de bosques galería, esta vexetación transfórmase en mediterránea unha vez abandona a serra, xunto con a súa degradación (garriga). Dentro da propia fauna fluvial, na que destacaron tradicionalmente as troitas, cómpre indicar a introducción do salmón do Danubio (Hucho hucho), augas abaixo do encoro de Santa Teresa, nos anos da décado de 1960. Porén a especie necesita actuacións de repoboamento cada certo tempo. Entre as aves adventicias que apareceron nas últimas décadas adoita salientarse a presencia de diversos tipos de gaivotas, que se alimentan de residuos orgánicos das poboacións das beiras.

No seu tramo inferior o Tormes discorre por parte do Parque Nacional dos Arribes do Douro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Tormes

Outros artigos[editar | editar a fonte]