Califato
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un califato era un territorio gobernado por un califa, sucesor do profeta Mahoma no exercio político do poder. Este era a máxima autoridade do mundo islámico. Controlaba a administración, tanto central como territorial, a xustiza e a relixión. Tamén era o imán ou xefe relixioso e se lle recoñecía como príncipe dos crentes. O cargo de califa pasou a ser hereditario dende o goberno da familia Omeia.