Hotel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O hotel de 4 estrelas Manor House Hotel en Castle Combe, Wiltshire, Inglaterra. Construido no siglo 14, o hotel ten 48 habitacións e 1.5 km² de xardíns.
Un hotel (
pronunciación (axuda · info)) é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.
Clasificación [editar]
- Estrelas (de 1 a 5)
- Letras (de E a A)
- Clases (da cuarta a primeira)
- Diamantes e "World Tourism".
César Ritz [editar]
César Ritz é o "pai" da hostalaría moderna. Desde moi novo ocupou todos os postos de traballo posíbeis nun hotel até chegar a xerente de un dos maiores hoteis do seu tempo. Mellorou todos os servizos do hotel, creou a figura do sommelier, introduciu o baño nas unidades habitacionais, creou as suíts e revolucionou a administración.