Amartya Sen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amartya Sen
Nome completoAmartya Kumar Sen
Nome de nacementoअमर्त्‍य कुमार सेन
Nacemento3 de novembro de 1933
Lugar de nacementoSantiniketan
NacionalidadeRaj Británico, Dominio da India e India
Relixiónateo
Alma máterUniversidade de Calcuta, Trinity College, Visva-Bharati University, Universidade de Cambridge, Patha Bhavana e St Gregory's School
Ocupacióneconomista, profesor universitario, filósofo, escritor e sociólogo
NaiAmita Sen
CónxuxeNabaneeta Dev Sen, Eva Colorni e Emma Georgina Rothschild
FillosAntara Dev Sen e Nandana Sen
Coñecido porDesenvolvimento como Liberdade
PremiosPremio Nobel de Economía, Leontief Prize for Advancing the Frontiers of Economic Thought, Medalha Nacional de Humanidades, Bharat Ratna, Adam Smith Prize, Global Economy Prize, Prêmio Internacional Catalunha, Meister Eckhart Prize, Grã-Cruz da Ordem Nacional do Mérito Científico, Prêmio Johan Skytte, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Distinguished Fellow of the American Economic Association, Fellow of the Econometric Society, Bangla Academy Fellowship, Membro da Academia Britânica, honorary doctor of the University of Valencia, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Bodley Medal, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong, Albert O. Hirschman Prize, honorary doctor of the University of Calcutta, honorary doctor of Waseda University, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, honorary doctor of the Catholic University of Paris, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, honorary doctor of the University of Miami, Grotius Lectures e Edinburgh Medal
Na rede
IMDB: nm2213544 Dialnet: 54045 iTunes: 285807093 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Amartya Sen.

Amartya Kumar Sen (अमर्त्‍य कुमार सेन), nado o 3 de novembro de 1933 en Shantiniketan, é un economista bengalí, coñecido polos seus traballos sobre os horrores da fame, a teoría do desenvolvemento humano, a economía do benestar e os mecanismos subxacentes da pobreza. Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1998 e o Bharat Ratna en 1999 polo seu traballo no campo da matemática económica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na India (Visva-Bharati, onde sufriu a fame xeneralizada en 1934) antes de trasladarse ao Trinity College de Cambridge, onde se licenciou en 1956 e se doutorou en 1959. Foi profesor de economía nas universidades de Calcuta, Delhi, Oxford e Harvard. Entre 1997 e 2004 foi doutor do Trinity College de Cambridge. En xaneiro de 2004 volveu a Harvard, onde imparte clases actualmente.

A finais da década de 1960 e comezos de 1970, os escritos de Sen axudaron a definir o campo da elección social. A súa contribución na teoría social de Arrow foi amosar baixo que condicións a teorema de imposibilidade de Arrow pode ser útil para estender e enriquecer o campo da elección social.

A obra máis recoñecida de Sen é o seu ensaio Poverty and Famines: An Essay on Entitlements and Deprivation de 1981, onde demostrou que a fame non é tanto consecuencia da falta de alimentos, senón de desigualdades nos mecanismos de distribución dos mesmos. Á parte da súa investigación sobre as causas das fames negras, o seu traballo no campo do desenvolvemento económico tivo moita influencia na formulación do índice de desenvolvemento humano (IDH) das Nacións Unidas.

Pero a achega revolucionaria de Sen no desenvolvemento dos indicadores económicos e sociais é o concepto de capacidade. Un goberno ten que ser xulgado en función das capacidades concretas dos seus cidadáns. Por exemplo, nos Estados Unidos os cidadáns teñen o dereito constitucional a votaren. Para Sen isto non significa nada; el pregúntase se se reúnen todas as condicións para que os cidadáns poidan exercer a capacidade de votaren. Estas condicións poden ser de moitos tipos, desde o acceso á educación, ata que os cidadáns teñan medios de transporte para accederen ás urnas. Só cando estas barreiras están superadas se pode dicir que o cidadán pode exercer a súa elección persoal. a súa aproximación baseada nas capacidades focalízase na liberdade positiva, que é a capacidade real dunha persoa de ser ou de facer algo, en troco da liberdade negativa, que é común en economía e se centra simplemente na non interferencia. Na fame negra de Bengala, a liberdade negativa dos traballadores rurais para compraren alimento non se viu afectada. Porén, morreron de fame porque non estaban positivamente libres para faceren calquera cousa: eles non tiñan a liberdade de se alimentaren nin a capacidade de escaparen da morte. Para un exemplo práctico do concepto de capacidade, véxase o traballo de Martha Nussbaum Women and Human Development.

Sen foi unha excepción entre os economistas do século XX pola súa insistencia en preguntarse cuestións de valores, longamente abandonadas na discusión económica "seria". El expuxo un dos maiores desafíos ao modelo económico, que sitúa o interese propio como un factor fundamental da motivación humana. Se ben a súa escola continúa sendo minoritaria, axudou a redirixir plans de desenvolvemento e ata políticas das nacións Unidas.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Poverty and Famines: An Essay on Entitlements and Deprivation (Pobreza e fame: un ensaio sobre o dereito e a privación; Oxford, Clarendon Press, 1982)
  • Choice, Welfare and Measurement (Opción, benestar e medidas; Oxford, Basil Blackwell, 1982)
  • Food Economics and Entitlements (Economía e dereito de alimentación; Helsinqui, Wider Working Paper 1, 1986)
  • On Ethics and Economics (Sobre ética e economía; Oxford, Basil Blackwell, 1987)
  • Development as Freedom (Desenvelvemento como liberdade; Oxford, Oxford University Press, 1999)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (26 de maio de 2021). "El economista indio Amartya Sen, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2021". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]