Polímata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonardo da Vinci, considerado o arquetipo de "Home Renacentista", é un dos polímatas máis recoñecidos.

Un polímata (grego πολυμαθής) que quere dicir «que coñece, comprende ou sabe moito», é un individuo que destaca en diversas ramas do saber. O termo refírese a persoas cuxos coñecementos non están restrinxidos a un área concreta, senón que dominan diferentes disciplinas, xeralmente as artes e as ciencias. A maioría dos filósofos da antigüidade eran polímatas, tal como entendemos o termo hoxe en día..[1]

Tamén se utilizan os termos Home Renacentista ou Home do Renacemento e, con menos frecuencia, Homo Universalis (expresión latina que podería traducirse como «home de espírito universal»). Este concepto foi desenvolvido durante o Renacemento italiano por un dos seus máximos representantes, o arquitecto Leon Battista Alberti (1404-1472), que afirmou que "...o artista neste contexto social non debe ser un simple artesán, senón un intelectual preparado en todas as disciplinas e en todos os terreos". Esta idea recolle os principios básicos do humanismo do Renacemento. Caracterizábase por considerar ao home como un ser todopoderoso, con capacidades ilimitadas para o desenvolvemento, e exhortaba á xente a abarcar todos os campos do coñecemento e desenvolver as súas capacidades ao máximo. Por este motivo, moitos homes no Renacemento fixeron florecer notablemente a cultura, o deporte e a arte.

A maioría dos polímatas guiáronse por este ideal renacentista. Xa que logo, entre eles atopamos xenios que pertenceron a épocas moi afastadas no tempo: Aristóteles, Avicena, Alberte o Magno, Al-Farabí, Shen Kuo, Leonardo da Vinci, Nicolás Copérnico, René Descartes, Isidoro de Sevilla, Isaac Newton, Gottfried Leibniz, Benjamin Franklin, Immanuel Kant, Thomas Jefferson, Johann Wolfgang von Goethe, Alexander von Humboldt, Henri Poincaré, John von Neumann, Isaac Asimov, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Nota[editar | editar a fonte]