Quark
Os quarks son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible, incluídos nós mesmos.
Índice |
Tipos [editar]
Hai seis tipos ou "sabores" distintos de quarks que os físicos nomearon do seguinte xeito: "up" (arriba), "down" (abaixo), "charm" (encantado), "strange" (estraño), "top" (cume) e "bottom" (fondo), ademais dos correspondentes antiquarks.
É un tipo de partícula elemental, que compoñen outras partículas subatómicas, coma o protón e o neutrón, e que non existen de maneira illada.
Os quarks non se atopan ceibes na natureza senón formando hadróns, estes divídense en dous tipos:
- mesóns : formados por un quark e un antiquark (pións, kaóns, ...)
- barións : formados por tres quarks (protóns, neutróns, ...)
Amáis dunha carga eléctrica fraccionaria de -1/3 ou +2/3, os quarks teñen outra carga de cor, que non ten nada que ver ca cor real destas partículas, e que mantén unidos aos quarks a través da forza forte, ademais de se-la responsable da formación destes hadróns. Esta interacción está descrita pola cromodinámica cuántica (QCD). Hai tres tipos de carga de cor: vermella, azul e verde. Os antiquarks presentan ademais cargas opostas, antivermella, antiazul e antiverde. Os quarks permanecen unidos entre si grazas ao intercambio de partículas virtuais mediadoras da interacción fuerte: os gluóns.
Xunto aos leptóns, os quarks forman case toda a materia que temos ao noso redor, en concreto os dous primeiros quarks, xa que son os que forman los protóns e os neutróns que á súa vez forman os núcleos atómicos.
O termo quark, que en realidade non ten significado ningún, é obra de Murray Gell-Mann, traballando entón no Instituto Tecnolóxico de California, sacado dunha novela de James Joyce, Finegan's wake, máis concretamente do verso Three Quarks for Mr. Mark.
Propiedades dos Quarks [editar]
A seguinte táboa é un resumo dos seis quarks coñecidos:
-
Xeración Isospin
DébilSabor Nome Símbolo Carga / e Masa / MeV.c-2 1 + 1/2 Iz=+1/2 Up u + 2/3 1.5 - 4.0 1 − 1/2 Iz=−1/2 Down d − 1/3 4 - 8 2 − 1/2 S=−1 Strange s − 1/3 80 - 130 2 + 1/2 C=1 Charm c + 2/3 1150 - 1350 3 − 1/2 B′=−1 Bottom b − 1/3 4100 - 4400 3 + 1/2 T=1 Top t + 2/3 172500 ± 2300
- Masas do quark top tomadas de Tevatron Electroweak Working Group
- Outras masas dos quarks tomadas de Particle Data Group.
- OS números cuánticos dos quarks top e bottom aparecen ás veces coma "truth" (verdade) y "beauty" (beleza)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Particle Data Group (en inglés) La Aventura de las Partículas (en castelán)
| Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
| Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
| Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
| Abaixo | Extraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
| Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
| barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
| Termos relacionados | |||||||||
| antimateria - partícula subatómica | |||||||||