Cromodinámica cuántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cromodinámica cuántica (QCD) é a teoría física que describe unha das forzas fundamentais, a interacción forte. Debido á súa propiedade especial chamada liberdade asintótica, foi proposta a comezos dos anos 70 por David Politzer, Frank Wilczek e David Gross como teoría para entender a estrutura dos protóns, neutróns, e partículas semellantes (hadróns).

Características[editar | editar a fonte]

Usaron teoría cuántica de campos para describir a interacción de quarks e gluóns. Polo seu traballo en cromodinámica cuántica, a Gross, Wilczek, e Politzer foilles concedido o Premio Nobel de Física do ano 2004.

Segundo esta teoría, o carácter da interacción forte está determinado por unha simetría especial entre as cargas de cor dos quarks. Coñécese a esta simetría como o grupo de gauge SU(3) e os quarks transfórmanse baixo este grupo como tripletes SU(3) de campos fermiónicos de Dirac . Aínda que as expansións perturbativas eran importantes para o desenvolvemento da QCD, esta tamén predí moitos efectos non perturbativos tales como confinamiento, condensados fermiónicos e instantones.

A cromodinámica cuántica é unha parte importante do modelo estándar da física de partículas. O nome "cromodinámica" vén da palabra grega "chromos" (cor). Este nome é oportuno porque á carga dos quarks refírella generalmente como "cor" aínda que non está relacionada á percepción visual da cor.

Un enfoque particular á QCD, a saber os modelos de rede, permitiu ós investigadores obter algúns resultados e cantidades teóricas que eran previamente incalculables.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]