Países bálticos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enténdese por países bálticos ou estados bálticos ás tres repúblicas europeas de Estonia, Letonia e Lituania. Sitúanse á beira do mar Báltico e dende 2004 forman parte da UE e da OTAN.
Pese a que historicamente estes tres países compartiron destinos e adóitase falar deles de xeito xeral como un todo. Os tres países amosan trala súa independencia na última década do século XX as súas extremas diferenzas e é que realmente só comparten proximidade xeográfica e décadas de ocupación pola Unión Soviética.
[editar] Lingua e cultura dos estados bálticos
As linguas lituana e letona, son linguas bálticas (polo tanto indoeuropeas), mentres que a estonia pertence ó grupo das fino-úricas, e ten moitas similitudes coa lingua finesa.
[editar] Relixión
As relixións maioritarias nas tres repúblicas son:
- Lituania: Católicos.
- Letonia: Luteranos e Católicos.
- Estonia: Luteráns.
Nas tres repúblicas existe unha importante minoría rusa a terceira parte da poboación en Letonia e a cuarta parte da de Estonia), que segue predominantemente á Igrexa Ortodoxa Rusa.
[editar] Ver tamén
Outros países con saída ó mar Báltico son:

