Illa de Rügen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación da illa de Rügen

Rügen (lat. Rugia) é a maior das illas alemás. Está situada ao longo da costa de Mecklemburg-Pomerania occidental no mar Báltico. Ocupa unha superficie de 935 km², pero o seu perímetro litoral é de 574 km. A súa poboación era de 73.000 habitantes en 2001. Xunto con as illas veciñas, e menores, de Hiddensee e Ummanz, conforman o distrito Rügen.

Núcleos urbanos[editar | editar a fonte]

As aglomeracións principais son Bergen auf Rügen con 20.000 habitantes e a vila portuaria de Sassnitz, con 11.000 habitantes. No sueste da illa, ubícanse as dúas estacións balnearias máis coñecidas: Sellin e Göhren. A illa está unida por unha ponte á cidade de Stralsund, no continente.

Breve historia[editar | editar a fonte]

Con diversos cambios de dominio durante a Idade Media, Rügen pasou a formar parte da Pomerania sueca desde 1648. En 1815 o Congreso de Viena outorgouna a Prusia. Xa en 1816 foi construído a primeira estación belnearia (Putbus), convértendose a illa no lugar ideal de vacacións dos alemáns até a Segunda Guerra Mundial. En 1936, durante a ditadura nazi, foi construída a ponte que a uníu a Stralsund. Durante a época da República Democrática alemá, aínda que Rügen foi coidada, dada a maior capacidade económica dos alemáns occidentais fixo que illas alemás da R.F.A. pasasen a ter maior número de visitantes. Desde a unificación alemá, Rügen volveu a ser o lugar preferido de vacacións dos alemáns.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Rügen