Condado de Saare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saare maakond
Flag of Saare County
Coat of Arms of Saare County
Bandeira Escudo de armas
Capital Kuressaare
Gobernador Toomas Kasemaa
Área 2,922 km²
Poboación ;- Densidade 35,356
12.1/km²
Location of Saare County

O condado de Saare (estoniano: Saare maakond, ou Saaremaa), (Latín: Osilia ou Oesel) é un dos 15 condados de Estonia. Está composto por Saaremaa, a maior illa da Estonia, e moitas illas menores preto dela. O condado limita no leste co condado de Lääne e co condado de Hiiu no norte. O 2,6% da poboación estoniana vive no condado de Saare.


Goberno rexional[editar | editar a fonte]

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.


Xeografía[editar | editar a fonte]

As maiores illas do condado son Saaremaa, Muhu, Ruhnu, Abruka e Vilsandi. A temperatura media anual é de 6.0 °C e a precipitación media anual de 509 mm.


Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]

O condado está dividido en 14 concellos: un urbano (en estoniano linn) e 13 rurais (en estoniano vald).


Concellos urbanos[editar | editar a fonte]

Concellos do condado de Saare

Concellos rurais[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]