Alcatrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcatrán xerado por Pirólise

O alcatrán é unha substancia bituminosa, graxa, escura e de cheiro forte, que se obtén da destilación de certas materias orgánicas, principalmente da hulla, turba, carbón, ósos e de algunhas madeiras resinosas.

Usos[editar | editar a fonte]

O alcatrán de madeira (producido polo quecemento ou o queimado parcial de dito material), foi amplamente empregado para calafatear o casco das embarcacións de madeira. Hoxe emprégase principalmente na elaboración de diversos produtos, como xabóns, pinturas, plásticos, asfalto (para a pavimentación) e produtos químicos. Tamén se emprega como combustible.

Datos[editar | editar a fonte]

  • O alcatrán é un residuo negro e pegañento composto por miles de substancias químicas, algunhas das cales considéranse carcinoxénicas ou están clasificadas como residuos tóxicos. Entre as substancias que compoñen o alcatrán do tabaco, atópanse os hidrocarburos aromáticos policíclicos, aminas aromáticas e compostos inorgánicos. É importante sinalar que o alcatrán obstrúe os pulmóns e afecta á respiración, sendo ao igual que os outros compoñentes do tabaco, o causante da toxicidade deste.