Kattegat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O estreito de Kattegatt coma continuación do Skagerrak

O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.

Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o rio Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.

As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.

O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoa Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kattegat