Brión, Brión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Fins.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brión.
Brión
Capela de Santa Minia-Brión-Galicia 2.jpg
Capela de Santa Minia
Concello Brión
Área 8,7 km²
Poboación (Ano 2004) 1278 hab.
Densidade 147 hab./km²
Entidades de poboación 20

San Fins de Brión é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.278 habitantes (656 mulleres e 622 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.182 habitantes.

Dentro desta parroquia está o lugar de Pedrouzos, que ostenta a capitalidade municipal.

Índice

[editar] Historia

En Brión está o castro de Lamiño, que segundo a lenda foi construído polos mouros, cunha trabe de ouro que chega ata as Torres de Altamira e onde na noite de San Xoán se pode ver unha moza e unha galiña con pitiños de ouro. Sobre o castro de Altamira construíron a fortaleza do mesmo nome.

No século IX a familia Moscoso construíu a Fortaleza de Altamira, que chegou a ter seis torres ademais dun cómodo pazo. Pouco a pouco foi perdendo importancia, utilizándose as súas pedras noutras construcións. Hoxe só quedan algúns restos do que foi a fortaleza.

[editar] Patrimonio

[editar] Festas

O seu patrón celébrase o primeiro de agosto, pero unha festa moi importante é Santa Minia, que se honra o día 27 de setembro e á que acoden romeiros de toda Galicia.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Brión

Lugares da parroquia de Brión no concello de Brión (A Coruña)

Aguiar | Boaventura | Boimil | Brans de Abaixo | Brans de Arriba | Brión de Arriba | Cabreiros | O Casal | O Enxo | Gronzo | Guldrís | A Igrexa | Lamiño | Liñares | Pedrouzos | Quintáns | O Rial | Riazoas | A Torre | Trasouteiro

[editar] Parroquias de Brión

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas