Bastavales, Brión
| San Xulián de Bastavales | |
|---|---|
| Igrexa de San Xulián de Bastavales. | |
| Concello | Brión |
| Área | 14,4 km² |
| Poboación | 1.346 hab. (2004) |
| Densidade | 93,47 hab./km² |
| Entidades de poboación | 24 |
San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.346 habitantes (708 mulleres e 638 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.382 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior, mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares Gallegos.
- Campanas de Bastavales,
- cando vos oio tocar,
- mórrome de soidades.
- Cando vos oio tocar,
- campaniñas, campaniñas,
- sin querer torno a chorar.
- Cando de lonxe vos oio,
- Elas tocan pra que rece;
- penso que por min chamades,
- E das entrañas me doio
- Dóiome de dor ferida,
- que antes tiña vida enteira
- i hoxe teño media vida.
- solo media me deixaron
- os que de aló me trouxeron,
- os que de aló me roubaron.
- Non me roubaron, traidores,
- ¡ai!, uns amores toliños,
- ¡ai!, uns toliños amores.
- Que os amores xa fuxiron
- as soidades viñeron...
- De pena me consumiron.
Persoeiros de San Xulián de Bastavales [editar]
Da parroquia é a pandereteira Josefa de Bastavales.
Galería de imaxes [editar]
- Artigos principais: Galería de imaxes de Brión#Bastavales, Brión e Galería de imaxes de Brión.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de San Xulián de Bastavales [editar]
| Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
|---|---|
|
Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo |
Parroquias de Brión [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión | |
|---|---|
|
Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María) |