A Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Habana")

Coordenadas: 23°8′N 82°22′W / 23.133°N 82.367°W / 23.133; -82.367

A Habana
La Habana (en castelán)
Flag of the City of Havana Cuba..png Escudo de la Habana.svg
CollageHavana.jpg
A Habana
Situación xeográfica
A Habana en Cuba
A Habana
A Habana
País Flag of Cuba.svg Cuba
Provincia A Habana
Xeografía
Altitude 5 msnm
Superficie 721.01 km²
Poboación
Poboación 2.135.498 hab. (2010)
Densidade 2932.3 hab./km²
Xentilicio habanero/a
Información
Código postal 10xxx-19xxx
Alcalde Marta Hernández Romero
Páxina web

A Habana[1][2] (La Habana) é a capital, maior porto e principal centro de comercio de Cuba. É a cidade máis grande do Caribe, con 2.201.610 millóns de habitantes (2002).

Foi fundada o 16 de novembro de 1519 polo conquistador español Diego Velázquez de Cuéllar. O seu casco histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia urbana da Habana.

O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda a primeira cidade da Habana na costa sur da illa de Cuba no 1515, mais logo deprázaa á súa posición actual no 1519. A Habana era na orixe un porto de comercio, e en 538 foi queimada por bucaneiros. En 1607 converteuse na capital da colonia española, e a partir diso no porto español máis frecuentado do Novo Mundo.

Foi conquistada por Inglaterra en 1762, mais trocárona pola Florida ao ano seguinte. Despois de recuperala, os españois converteron a cidade na máis fortificada das Américas. En 1898 acadou a súa independencia.

Na década de 1920, durante a Lei Seca nos Estados Unidos, A Habana convértese no destino de predilección dos americanos; construíronse casinos e nightclubs a mancheas, mais a maior parte pecháronse en 1959, cando a revolución cubana.

A Habana ten moita herdanza da arquitectura colonial española, e foi clasificada coma patrimonio da humanidade pola UNESCO.

O aeroporto internacional da Habana ten o nome de Aeroporto Internacional José Martí.

Imaxe panorámica da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para habaneiro.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 123. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.