Río Sena

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Sena
Seine.jpg
Nacemento:
Altitude da fonte: 447 msnm
Lonxitude: 780 km
Caudal medio: 500 m³/s
Conca:
País: Francia
Desemboca: Canal da Mancha
O Sena atravesando París, visto desde a Torre Eiffel.
O Sena atravesando París visto desde a Ponte do Arcebispado, coa Catedral de Nôtre Dame á dereita e a Torre Eiffel ao fondo.
Estuario do Sena en Normandía, beira dereita.

O Sena é un río francés que pasa por Troyes, París e Ruán. O Sena ten una lonxitude de 780 km. O seu nacemento sitúase a 447 metros de altitude, en Source Seine[1] sobre a meseta de Langres, na Costa de Ouro. O seu curso ten una orientación xeral do surleste a noroeste. Desemboca no canal da Mancha, preto do Havre. A superficie da bacía é de aproximadamente 75.000 km².

Mapa do río Sena

A débil inclinación do val do Sena, en Illa de Francia e en Normandía, causou a formación de múltiples e profundos meandros; pola mesma razón, os efectos da marea fanse sentir sobre un cento de quilómetros ata Poses e manifstábanse ata un pasado recente no fenómeno do "macareu".

O Sena é unha vía navdgábel moi importante, de París ao Canal da Mancha. Atópanse nel dous dos máis importantes portos fluviais de Francia: París (porto de Gennevilliers) e Ruán, que é igualmente un importante porto marítimo, o que permite o transbordamento (Primeiro Porto cerealeiro de Europa). É navigábel de París ata Nogent-sobre-Sena. Outros portos fluviais notábeis son Limay-Porcheville e Monterelo.

Numerosas industrias están situadas ao longo do vale do Sena: automoción (Poissi, Flins, Cleon, Sandouville), petroquímica (Port-Gerôme, Gonfreville à Orcher, Notre-Dame-de-Gravenchon, Petit-Couronne), centrais térmicas (Porcheville, Saint-Ouen), central nuclear (Noxent-sobre-Seine).

O lago artificial de Forêt de Orian, en Troyes, foi criado nos anos 1960 para regular o caudal do río.

Curiosidade: A fonte do Sena é propiedade da cidade de París dende 1864. Unha cova artificial foi construída un ano despois, para controlar a fonte principal, e tamén unha estatua dunha ninfa, que simboliza o río. Sen embargo, a capital desinteresouse despois e a parcela debeu volver á rexión de Borgoña que valora o sitio.

Imaxe de satélite do río Sena nos arredores de París.

Índice

[editar] Principais afluentes

Os principais afluentes do Sena son, desde a súa fonte:

NB : D=Dereita E=Esquerda

[editar] Departamentos atravesados

Indo da fonte ata desembocadura Na rexión Borgoña:

Na rexion Champaña Ardenas:

Na rexión Illa de Francia:

Na rexión Alta Normandía:

Na rexión Baixa Normandía:

[editar] Principais cidades atrevesadas

[editar] Notas

  1. Service de Géodésie et Nivellement
Ferramentas persoais