Consello da Unión Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Roma · Maastricht · Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

José Manuel Durão Barroso


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias
Consello da Unión Europea
Javier Solana 1999.jpg
Javier Solana
Exsecretario Xeral
Secretariado Xeral: Bruxelas
Presidente: Mirek Topolánek (1º sem. de 2009)
Party affiliations in the Council of the EU (2004-March 2005).png
Afiliacións políticas dos gobernos dos estados en xaneiro de 2005: PPE-DE (Azul)
PSE (Vermello)

O Consello da Unión Europea é, xunto co Parlamento Europeo, o órgano lexislativo da Unión Europea. Representa ós gobernos dos estados membros. No seu seo, os estados membros lexislan para a Unión Europea, establecen os seus obxectivos políticos, coordinan as súas políticas nacionais e resolven as diferencias existentes entre eles e con outras institucións.

En cada reunión do Consello participan representantes dos estados membros, normalmente ministros. A Presidencia do Consello cambia entre estados membros cada seis meses: de xaneiro a xuño e de xullo a decembro.