Lotarinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Lotarinxia corresponde ao territorio en verde entre o Mar do Norte e Italia, segundo o Tratado de Verdún

Lotarinxia é o nome que se lle deu ao territorio do Imperio Carolinxio que lle correspondeu ao emperador Lotario I, fillo de Luís o Piadoso e neto de Carlos o Grande, despois do Tratado de Verdún no ano (843).

Xeografía histórica[editar | editar a fonte]

Tal territorio era unha longa franxa de terra que se estendía desde o Mar do Norte até a Península Italiana e ficaba comprendida entre os territorios que corresponderan aos seus irmáns: Francia occidental para Carlos o Calvo e a Francia oriental ou Xermania para Luís o Xermánico.

A Lotarinxia inicial cubría o que é hoxe:

Reparto da Lotarinxia[editar | editar a fonte]

Estes territorios encaixaban dificilmente entre si, de xeito que tras a morte de Lotario (855) foron repartidos entre seus tres fillos:

Cando no 869 morre Lotario II, os seus territorios, é dicir a parte máis setentrional da Lotarinxia orixinaria , foron repartidos entre os seus tíos, Luís e Carlos, polo que se redefiniron as fronteiras acordadas en 843, por medio dun novo acordo: o tratado de Meerssen de 870.

Lista de monarcas[editar | editar a fonte]

A partir de Henrique I o título real ficou asociado ao emperador do Sacro Imperio, entanto a administración do territorio foi asignada aos duques da Alta e Baixa Lorena.

A Lotarinxia na Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Xa no século XVI, durante o reinado do emperador Carlos V volveron a axuntarse moitas daquelas terras baixo unha soa coroa que, ao abdicar Carlos e retirarse para o Mosteiro de Yuste, foron desgregadas do Imperio Xermánico, ao deixarllas en herdo ao seu fillo Filipe II, rei de España, que gobernaba a única potencia do momento capaz de mantelas unidas. Novamente quedou demostrada a artificiosidade de tal unión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]