Reino Unido dos Países Baixos
| Koninkrijk der Nederlanden Royaume des Pays-Bas Reino Unido dos Países Baixos |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Lema: Je maintiendrai | |||||
| Mapa do Reino Unido dos Países Baixos en 1815 | |||||
| Capital | Ámsterdam e Bruxelas | ||||
| Lingua | Neerlandés e francés | ||||
| Goberno | Monarquía constitucional | ||||
| Rei | |||||
| • 1815–1830/1839 | Guillerme I | ||||
| Lexislatura | Staten-Generaal | ||||
| - Cámara alta | Primeira Cámara | ||||
| - Cámara baixa | Segunda Cámara | ||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1815 | ||||
| • Disolución | 1839 | ||||
| Moeda | Florín | ||||
O Reino Unido dos Países Baixos (en neerlandés Verenigd Koninkrijk der Nederlanden e en francés Royaume-Uni deas Pays-Bas) foi un reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830 e por un breve tempo en 1839.
Foi creado a partir de territorios conquistados polo Primeiro Imperio Francés tras a disolución deste durante o Congreso de Viena en 1815. Este estado, usualmente chamado Reino dos Países Baixos. Foi gobernado durante 25 anos, dende 1815 até 1840 polo primeiro rei Guillerme I polo cal a Casa de Orange-Nassau converteuse na posuidora do trono no novo país.
A intención cando se creou esta estado era formar unha organización territorial estable ao norte de Francia para contrarrestar as novas ambicións francesas na zona e disolveuse cando as provincias do sur uníronse á nacente Bélxica, aínda que as provincias do norte non recoñeceron a independencia belga senón até 1839, cando as provincias do norte formaron o Reino dos Países Baixos. O gran ducado de Luxemburgo sería controlado polos Orange até 1890 ano do falecemento de Guillerme III. As mulleres da familia non estaban habilitadas para ocupar o trono debido á Lei Sálica, separándose Luxemburgo nun novo estado controlado polos Weilburg, unha rama dos Nassau formada en 1783.
Estes territorios forman parte da Unión Europea desde que esta foi instituída.
-
Os Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e Limburgo en 1839