Río Mosa
| ' | |
|
Vista do río ao seu paso por Maastricht |
|
| País | Francia, Bélxica e Países Baixos |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 925 km |
| Caudal medio | 230 m³/s |
| Conca | 36.000 km² |
| Desembocadura | Mar do Norte |
O Mosa (en francés, Meuse; en alemán e neerlandés, Maas; en valón, Moûze) é un río europeo de 950 km de longo que ten o seu nacemento na Francia, no planalto de Langres, en Basigny. Dá o seu nome ao departamento francés de Meuse e tamén a cidades neerlandesas tais como Maastricht.
O Mosa baña Neufchateau, Commercy, Verdun, Sedan, Charleville-Mézières, despois atravesa a Bélxica (Dinant, Namur, Huy, Lièxe) e mailos Países Baixos (Maastricht, Ruremonde, Venlo) en direción do mar do Norte.
Os seus principais afluentes son o Vair, o Chiers, o Semois, o Lese, o Hoyoux, o Ourthe e o Roer na marxe dereita, o Viroin, o Sambre, o Mehaigne e o Xeer na marxe esquerda.
Os seus diversos meandros a través das Ardenas constitúen importantes pontos turísticos. Nos Países Baixos, mesturase co Rhin para formar un largo delta común.