Bruxelas-Capital
| Région de Bruxelles-Capitale Brussels Hoofdstedelijk Gewest |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha das tres Rexións que compoñen Bélxica. Esta rexión, bilingüe segundo os estatutos municipais, está habitada por belgas que pertencen ás dúas principais comunidades lingüísticas do país: a comunidade francesa e a comunidade flamenga. Estímase que 50% da poboación bruxelense é francófona pola orixe da súa lingua materna, 10% flamenga e 40 % falan outras linguas (empregando case exclusivamente como lingua franca o francés), no seu conxunto o francés é empregado polo 95,55% da poboación de xeito habitual. Por mor da presenza no seu territorio de numerosas institucións internacionais, atópase igualmente entre as concentracións máis importantes de habitantes nados doutros países da Unión Europea. A isto súmanse numerosos inmigrantes procedentes do Magreb (especialmente de Marrocos) de Turquía, de América, de África (especialmente da República Democrática do Congo, antiga colonia belga) e da Europa central, facendo da Rexión un conxunto cosmopolita e multicultural.
Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital:[1] Berlín, Washington D.C., Montevideo, Sofía, Lille, Pequín, Moscova, Sichuan e Brasília.
Índice |
Historia [editar]
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valona.
Composición [editar]
A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son (co código postal):
- Anderlecht (1070)
- Bruxelas (1000, 1020, 1120, 1130, 1040, 1050)
- Ixelles (1050)
- Etterbeek (1040)
- Evere (1140)
- Ganshoren (1083)
- Jette (1090)
- Koekelberg (1081)
- Auderghem (1160)
- Schaerbeek (1030)
- Berchem-Sainte-Agathe (1082)
- Saint-Gilles (1060)
- Molenbeek-Saint-Jean (1080)
- Saint-Josse-ten-Noode (1210)
- Woluwe-Saint-Lambert (1200)
- Woluwe-Saint-Pierre (1150)
- Uccle (1180)
- Forest (1190)
- Watermaal-Bosvoorde (1170)
Situación lingüística [editar]
A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas pola seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[2]
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:
- Francés: 51,6%
- Neerlandés: 9,5 %
- Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
- Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
- Outros idiomas: 19,7%
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:
- 95,55% da poboación fala francés.
- 35,40% da poboación fala inglés.
- 28,23% da poboación fala neerlandés.
- 7,39% da poboación fala español.
- 6,36% da poboación fala árabe.
- 5,72% da poboación fala italiano.
- 5,56% da poboación fala alemán.
Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenca na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica independízase, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
Notas [editar]
- ↑ "Rexión de Bruxelas Capital". berlin.de. http://www.berlin.de/rbmskzl/staedteverbindungen/es/region_de_bruselas_capital.html. Consultado o 15/05/2008.
- ↑ O uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés (Revista Brussels studies. nº 13, 7 de xaneiro de 2008)
Ligazóns externas [editar]
Oficiais
Non oficiais
| Comunidades, rexións e provincias de Bélxica | ||
|---|---|---|
| Comunidades: | ||
| Rexións e provincias: | ||