Leopoldo I de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léopold I de Belgique
Leopold I van België
Leopold portret winterhalter.jpg
Rei de (país): Bélxica Bélxica
Duración do reinado: 21 de xullo de 1831-
10 de decembro de 1865
Predecesor:
Sucesor: Leopoldo II de Bélxica
Data de Nacimento: 16 de decembro de 1790
Local: Coburgo, Alemaña
Faleceu en: 10 de decembro de 1865
Local: Laeken, Bélxica

Leopoldo I (Leopoldo Xurxo Cristiano Federico de Saxe-Coburgo-Saalfeld, despois Saxe-Coburgo-Gotha; 16 de decembro de 1790 - 10 de decembro de 1865) foi un príncipe de Saxe-Coburgo-Gotha, e foi o primeiro rei dos belgas, título que detentou do 21 de xullo de 1831 ata a súa morte.

Foi o fundador da liñaxe belga da Casa de Saxe-Coburgo-Gotha. Entre os seus fillos, estaban Leopoldo II de Bélxica e a emperatriz Carlota de México.

Familia e carreira militar[editar | editar a fonte]

Leopoldo como xeneral ruso, por George Dawe.

Leopoldo era fillo máis novo do duque Francisco de Saxe-Coburgo-Saalfeld e da condesa Augusta Reuss-Ebersdorf.

Só se tornou un príncipe de Saxe-Coburgo-Gotha tras un intercambio territorial realizado polo seu pai, en 1826.

En 1795, con cinco anos de idade, Leopoldo foi apuntado coronel do rexemento imperial de Izmailovski, na Rusia. Sete anos despois, con doce anos, tornouse xeneral. As tropas napoleónicas ocuparon o ducado de Saxe-Coburgo en 1806. Leopoldo, a quen Napoleón I de Francia ofreceu o cargo de axudante (rexeitada), partiu a Rusia, ao encontro de Alexandre I, que era cuñado da súa irmá Xuliana.

En 1808, Leopoldo acompañou a Alexandre I, durante os seus encontros con Napoleón en Erfurt. Como xeneral de brigada do rexemento de cabalería rusa, participou das campañas de 1807, 1808 e 1813 e nas batallas de Lützen, Bautzen e Leipzig (1814) contra as tropas francesas. Tales enfrontamentos garantíronlle o posto de xeneral do exército ruso.

Casamentos e fillos[editar | editar a fonte]

O 2 de maio de 1816, en Carlton House, Leopoldo desposou a princesa Carlota Augusta de Gales, a única filla lexítima do príncipe-rexente británico (máis tarde Xurxo IV do Reino Unido) e por tanto herdeira ao trono. Consecuentemente, tornouse mariscal de campo británico e cabaleiro da Orde da Xarreteira. O 5 de novembro de 1817, a princesa Carlota deu a luz un neno natimorto, morrendo o día seguinte. Se tivese sobrevivido, tería se converteu raiña do Reino Unido en 1830, coa morte do seu pai, e Leopoldo tería sido titulado príncipe consorte británico en vez de Rei dos Belgas.

O 2 de xullo de 1829, Leopoldo casou coa actriz Karolina Bauer, titulada posteriormente condesa de Montgomery, unha prima do conselleiro do rei, o barón Christian Friedrich von Stockmar. O contrato de matrimonio foi asinado sen cerimonia relixiosa ou pública e, presuntamente, rematou en 1831.

O 9 de agosto de 1832, Leopoldo casou de novo, esta vez coa princesa Luisa María d'Orléans, filla do rei Luís Filipe I de Francia, da que tivo catro fillos:

  • Luis Felipe Leopoldo Víctor Ernesto (24 de xullo de 1833 - 16 de maio de 1834);
  • Filipe Pío Fernando María Clemente Balduíno Leopoldo Jorge (24 de marzo de 1837 - 17 de novembro de 1905), conde de Flandres;

Rei dos Belgas[editar | editar a fonte]

O rei Leopoldo I e súa familia: a raiña Luísa Maria, o príncipe-herdeiro Leopoldo, o príncipe Filipe e a princesa Carlota.

En 1830, o pobo da Grecia ofreceu a Leopoldo a coroa grega, pero el rexeitou. Despois de que a Bélxica conseguiu a súa independencia dos Países Baixos a 4 de outubro daquel mesmo ano, o Congreso Nacional de Bélxica, despois de considerar moitos outros candidatos, ofreceu a Leopoldo a coroa do país recentemente formado. El aceptou e tornouse o "rei dos belgas", o 26 de xuño de 1831. El xurou lealdade á constitución na fronte da igrexa de San Xacob, na praza de Coudenbergh, Bruxelas, o 21 de xullo daquel ano. Este día se tornou festa nacional en Bélxica. Jules van Praet tornouse o seu secretario privado.

Menos de dúas semanas máis tarde, o 2 de agosto, os Países Baixos invadiron a Bélxica. Os combates continuaron por oito anos, pero en 1839 os dous países asinaron o Tratado de Londres, establecendo a independencia de Bélxica.

Coa apertura dunha nova liña ferroviaria entre Bruxelas e Mechelen, o 5 de maio de 1835, un dos maiores desexos de Leopoldo - o de construir a primeira liña ferroviaria en Europa continental - fíxose realidade. No mesmo ano, Leopoldo foi investido cabaleiro da Orde do Toisón de Ouro.

En 1840, Leopoldo arranxo o matrimonio entre a súa sobriña, a raíña Vitoria I do Reino Unido (filla da súa irmá, Vitoria de Saxe-Coburgo-Saalfeld) co seu sobriño, o príncipe Alberte de Saxonia Coburgo Gota (fillo do seu irmán Ernesto I de Saxonia Coburgo Gota). Leopoldo agiu como conselleiro de Vitoria.

En 1842, Leopoldo intentou crear leis para regulamentar o traballo infantil e feminino, pero non tivo éxito. Unha onda de revolucións salto a Europa despois da deposición do rei Luís Filipe do trono francés, en 1848. A Bélxica permaneceu neutral, por mor dos papeis diplomáticos de Leopoldo.

Reis dos Belgas

Segue a:
Independencia belga
Leopoldo I de Bélxica
Precede a:
Leopoldo II de Bélxica
Saxe-Coburg-Gotha