Papoula
| Papoula común | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Franz Eugen Köhler, 1897. |
|||||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
| Papaver rhoeas L. |
|||||||||||||||||||||||
A papoula[1] (Papaver rhoeas) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas, habitual nos campos cultivados con cereais, tamén se atopa nas beiras das estradas e nas praderías. Tamén recibe en galego o nome de mapoula.
Índice |
Descrición [editar]
A papoula é unha planta anual de aparencia fráxil, o talo é moi fino e peludo, pouco ramificado, ao cortalo sae un xugo leitoso, como as outras durmideiras (Papaver somniferum, etc). A súa floración acontece na primavera e no verán, a súa flor é de pétalos vermellos e zume leitoso.
Usos [editar]
Utilizouse tradicionalmente para curar as afeccións do tracto respiratorio como a bronquite ou a tose. A infusión das súas follas tamén se empregou como sedante suave. As súas sementes empréganse como condimento e tamén se cultiva como planta ornamental.
Símbolos e representacións [editar]
A papoula, ademais do seu simbolismo na linguaxe das flores, inspirou pintores, poetas e escritores en varios paìses e epocàs. Encóntrase en heráldica, nos selos postais.
En galego atopase Concha Blanco coa A papoula era máxica, narrativa infantil.
Galería de Imaxes [editar]
-
Descrición da papoula en 1892, polo botánico esloveno Martin Cilensek.
-
Cáliz da papoula.
-
Froito verde.
-
Follas da papoula.
-
"Retrato" da flor.
-
Papoulas no campo - Pintura de Claude Monet.