Dezasete Provincias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zeventien Provinciën
Dix-sept Provinces
Dezasete Provincias

1482–1581
 

Bandeira

As Dezasete Provincias en 1477
Capital n/d
Lingua Neerlandés e francés
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1482
 • Disolución 1581

As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.

Composición[editar | editar a fonte]

O mapa (Low coutries, 1477) corresponde ás seguintes provincias:

  1. Artois Arms.svg Condado de Artois
  2. Blason Nord-Pas-De-Calais.svg Condado de Flandres, incluíndo os Burgrave de Lille, Douai, Orchies e Señorío de Tournai
  3. Escudo de Malinas 1581.svg Señorío de Malinas
  4. Namur Arms.svg Condado de Namur
  5. Blason fr Hainaut ancien.svg Condado de Hainaut
  6. Coatofarmszeeland.PNG Condado de Celandia
  7. Counts of Holland Arms.svg Condado de Holanda
  8. Coat of arms of Brabant.svg Ducado de Brabante, incluíndo o Margrave de Antuerpen, os condados de Leuven e Bruxelas
  9. Limburg New Arms.svg Ducado de Limburgo, incluíndo os condados de Dalhem e Valkenburg o señorío de Herzogenrath
  10. Armoiries Comtes de Luxembourg.svg Ducado de Luxemburgo
  11. Utrecht - coat of arms.png Príncipe-Bispado de Utrecht, máis tarde Señorío de Utrecht
  12. Small coat of arms of Friesland.png Señorío de Frisia
  13. Armoiries Gueldre ancien.png Ducado de Gueldria e Condado de Zutphen
  14. Escudo de Groniga 1581.svg Señorío de Groninga
  15. Ommelanderwapen.jpg Ommelanden
  16. Drenthe wapen.svg Señoríos de Drenthe, Lingen, Wedde, e Westerwolde
  17. Small coat of arms of Overijssel.svg Señorío de Overijssel

Non sempre as Dezasete Provincias foron as mesmas, sendo representadas no Estados Xerais dos Países Baixos de diferentes xeitos, incluíndose ás veces algunhas provincias dentro doutras. Por exemplo, nos últimos anos o Condado de Zutphen converteuse en parte do Ducado de Gueldria, e o Ducado de Limburgo dependía do Ducado de Brabante. Por outra banda, as cidades francófonas de Flandres ás veces tamén foron recoñecidas como unha provincia.

Ademais, houbo unha serie de feudos da rexión que non chegaron a formar parte das Dezasete Provincias. O maior deles foi o Prince-Bispado de Liexa (a zona verde no mapa), que incluía o Condado de Horne. No norte, tamén houbo algunhas entidades máis pequenas como a Illa de Ameland, que chegou a manter os seus propios señores até a Revolución Francesa.

Así pois os historiadores manexan distintas variacións da lista. O número de pronvincias probabelmente puido ser elixido debido á súa connotación cristiá.[1]

Desenvolvemento histórico[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

En 1549, estabeleceuse na Pragmática Sanción que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisíbel, as Dezasete Provincias, que sería herdada polo mesmo monarca, o Señor dos Países Baixos (Heer der Nederlanden).

Desta forma, o Señor dos Países Baixos é unha forma descritiva para designar ao soberano dos territorios das Dezasete Provincias, e que englobaba os títulos de Duque de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo e Gueldria, conde de Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Celandia, Namur e Zutphen, Margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, Malinas, e das cidades, pobos e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.

O 25 de outubro de 1555, o emperador Carlos V abdicou en favor do seu fillo Filipe a xefatura de Orde do Toisón de ouro, o ducado de Borgoña e por tanto, os dezasete territorios dos Países Baixos.

A Guerra de Flandres[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Guerra dos Oitenta Anos.
Unión de Utrech e Unión de Arrás (1579)

Dentro da monarquía hispánica, os Países Baixos ofrecían unha boa vitalidade económica, cunha asentada clase mercantil, así que os intentos de incrementar os impostos para sufragar as guerras, a defensa dos seus privilexios e a difusión do calvinismo creou un foco de resistencia que conduciu á rebelión xeral na zona contra a política española.

En 1568, comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar Guerra dos Oitenta Anos. O 5 de xaneiro de 1579, os Católicos formaron a Unión de Arras, coas provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). Os Protestantes en contraposición constituíron o 23 de xaneiro a Unión de Utrecht con Holanda, Celandia, Utrecht, Gueldria, Groniga, e posteriormente cidades de Brabante e Flandres.[2]

O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Gueldria, Zutphen, Holanda, Celandia, Frisia, Malinas e Utrech,[3] anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España Filipe II, polo Acta de Abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.

Porén, legalmente Filipe II non renunciou a eses territorios, e o gobernador dos Países Baixos Alexandre Farnesio iniciou a contraofensiva, recuperando á obediencia do rei de España Filipe II gran parte do territorio,[4] especialmente tralo asedio de Antuerpen, mais parte deles volvéronse a perder trala campaña de Mauricio de Nassau.

Antes da morte do Rei de España, o territorio dos Países Baixos, en teoría as Dezasete Provincias, non pasou ao seu fillo Filipe III, senón conxuntamente á súa filla, Sabela Clara Euxenia, e o seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión do 6 de maio de 1598.[5][6]

Os Países Baixos coa liña delimitadora da Tregua dos doce anos

Os tratados de paz con Francia (1598) e con Inglaterra (1604) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da tregua dos doce anos.

Escisión[editar | editar a fonte]

Na práctica os territorios do norte formaban as Provincias Unidas: Holanda, Celandia, Utrecht, Gueldria (con Zutphen), Overijssel (con Drente), Frisia e Groniga, ademais dos territorios da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). E os territorios do sur baixo a soberanía dos Habsburgo, formaron os Países Baixos españois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Antuerpen, Malinas e Limburgo. Isto reflectiuse nos Estados Xerais xa que en na parte norte establecéronse n'A Haia e na parte sur en Bruxelas.

Deste xeito pola Acta de Abxuración de 1581 e a Tregua dos doce anos de 1609 formáronse dúas entidades políticas: ao norte, as Provincias Unidas e ao sur os Países Baixos españois. E pode darse por finalizado o período propiamente histórico das Dezasete Provincias e iníciase o dos Países Baixos dos Habsburgo ao sur do territorio, e as Provincias Unidas ao norte do territorio.

En 1621, morreu o arquiduque Alberte sen ter descendencia, e pola Acta de Cesión de 1598, a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito a parte sur soamente), pasou ao rei de España e sobriño de Sabela Clara Euxenia, Filipe IV, o que coincidiu co final da tregua e o comezo da Guerra dos Trinta Anos.

Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o 30 de xaneiro de 1648, no tratado de Münster, España recoñeceu a total independencia da República das Provincias Unidas e o Rei eliminou dos seu títulos o de Conde de Holanda, Celandia e Zutphen,Señor de Frisia e das cidades, pobos e terras de Utrech, Overijssel e Groninga. Con este acto España recoñecía definitivamente a extinción das Dezasete Provincias.

Escudos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]