Namur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorama da cidade con o Sambre e a catedral

Namur (en valón Nameûr, en flamengo Namen) é unha cidade de Bélxica, con cerca de 100.000 habitantes, capital da Valonia, a rexión francófona do país, máis e da provincia homónima. É a sede da diocese de Namur de observancia católica.

Situación[editar | editar a fonte]

Namur fica situada ao sueste da capital do país, Bruxelas, na confluencia dos ríos Mosa e Sambre.

Orixe[editar | editar a fonte]

A cidade xorde con fins militares na época merovinxia para velar sobre do val do Mosa.

O Mosa, a pont de Jambes e a Citadelle

A ver[editar | editar a fonte]

Entre os monumentos principais da cidade contan:

  • catedral de Saint Aubain (Santo Albano), que tras as reformas de 1751 e 1763 adquiriu o actual aspecto neoclásico. Garda pinturas de Jacob Jordaens e de Anthony van Dyck);
  • Museo de Artes Antigas de Namur (Musée des Arts Anciens du Namurois);
  • Museo Arqueolóxico (Musée Archéologique);
  • Cidadela (Citadelle): fortificacións da época moderna, para gardar o val do Sambre, que sufríu numerosos asedios; conserva as trazsa dos grandes enxeñeiros militares da época: Vauban e Menno van Coehoorn; na actualidade está transformado nun parque.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Namur