Dinastía Merovinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Merovinxia
Rei de todos os francos
Reis de Neustria
Reis de Austrasia
Faramundo 420-428
Clodión 428-448
Meroveo 448-457
Khilderico I 457-481
Clodoveo I 481 - 511
  Khildeberto I 511-558
  Clotario I 511-561
  Clodomiro 511-524
  Teodorico I 511-534
    Teodeberto I 534-548
    Teodebaldo 548-555
Clotario I 558-561
  Cariberto I 561-567
  Khilperico I 561-584
    Clotario II 584-629
  Gontrán 561-592
    Khildeberto II 592-595
    Teodorico II 595-613
    Sixeberto II 613
  Sixeberto I 561-575
    Khildeberto II 575-595
    Teodeberto II 595-612
    Teodorico II 612-613
    Sixeberto II 613
Clotario II 613-629
  Dagoberto I 623-629
Dagoberto I 629-639
  Cariberto II 629-632
    Khilperico de Aquitania 632
  Clodoveo II 639-658
    Clotario III 658-673
    Teodorico III 673
    Khilderico II 673-675
    Teodorico III 675-691
  Sixeberto III 634-656
     Khildeberto III      656-661
    Clotario III 661-662
     Khilderico II 662-675
     Clodoveo III 675-676
     Dagoberto II 676-679
Teodorico III 679-691
Clodoveo IV 691-695
Khildeberto III 695-711
Dagoberto III 711-715
  Khilperico II 715-721
  Clotario IV 717-718
Khilperico II 718-721
Teodorico IV 721-737
Khilderico III 743-751

Dinastía Merovinxia, familia de estirpe xermánica que gobernou a actual Francia e parte de Alemaña entre os séculos V e VIII. Eran descendentes de Meroveo, xefe militar franco, fundador da dinastía. Clodoveo I (466 ? - 511) foi o primeiro monarca da dinastía.

Á súa morte o reino franco foi dividido entre os seus fillos, segundo o costume dos merovinxios. Outro monarca destacado da dinastía foi Dagoberto I (?- 639) que logo de moitos anos de división territorial, volveu unir os reinos francos baixo o seu goberno. Despois de Dagoberto I, o poder dos merovinxios foise disgregando e a medida que pasou o tempo, os Mordomos de palacio acabaron por seren os verdadeiros dirixentes do reino franco. Os mordomos de palacio Carlos Martel, e o seu fillo Pipino o Breve (fundador da dinastía Carolinxia), acabaron co poder dos monarcas merovinxios e Pipino destronou ao último rei merovinxio, Khilderico III, para se proclamar rei dos francos. A dinastía merovinxia, foi substituída entón pola dinastía Carolinxia.

Destacados monarcas merovinxios (anos de goberno)[editar | editar a fonte]

Arte Merovinxia[editar | editar a fonte]

A dinastía Merovinxia foi desenvolvendo unha arte propia na actual Francia, unha arte prerrománica que se caracterizou polo uso da pedra e o ladrillo (en arquitectura) con construcións sinxelas. A arte característica deste período é a ourivería. Tamén desenvolveron a pintura mural sobre frescos e as miniaturas. Consérvanse moi poucos vestixios e mostras da arte merovinxia.

Ascendencia Divina[editar | editar a fonte]

En varios textos especulouse sobre a orixe dos merovinxios, aludindo que en realidade se trataría dunha suposta descendencia dunha suposta filla de Xesús Cristo e María Magdalena.

Esta teoría, baseada só en lendas e tradicións medievais do sur da actual Francia, foi popularizada no bestseller "Sangue santo, Santo grial" escrito por Michael Baigent, Richard Leigh e Henry Lincoln e, sobre todo, pola novela bestseller de Dan Brown, O código da Vinci. Tamén Umberto Eco fai uso da mesma n’O péndulo de Foucault, aínda que, como se menciona, son só novelas, textos de ficción.

A teoría postula que Xesús tivo descendencia con María Magdalena, tendo unha filla, e que esta migrou desde Xudea ao sur de Francia, desde onde se desenvolveu unha liñaxe cuxa estirpe chegou ao poder do reino franco cos Merovinxios.

Neste sentido, a nivel de estudos xenéticos, no ano 2006, o programa televisivo "Buscando a verdade" (Digging for the Truth) da canle The History Channel, realizou unha análise xenética de Aragunda, quinta esposa de Clotario I; co fin de probar ou descartar que a liñaxe descende de Xesús ou María Magdalena. O resultado da análise concluíu que a liñaxe correspondente á Dinastía Merovinxia era só de orixe europea, e non estaba relacionada xeneticamente con ningunha das poboacións do medio oriente; o cal descarta a veracidade da lenda francesa sobre a suposta descendencia de Xesús e María Magdalena.

Os historiadores indican que posibelmente naceu esta lenda para lograr atribuírlle divindade aos merovinxios, e que deste xeito estes puidesen gobernar sen obxeccións, xa que posuirían un dereito divino para iso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]