Brabante Valón
| Brabante Valón | |
| Francés: Province du Brabant wallon Neerlandés: Provincie Waals-Brabant |
|
| Rexión | Valonia |
| Capital | Wavre |
| Lingua oficial | {{{lingua}}} |
| Poboación | 373.4922 habitantes |
| Censo | 2008 |
| Área | 1.093 km² |
| Densidade | 2006: 336 hab./km² |
| Gobernador | Marie-José Laloy |
| Páxina web | www.www.brabantwallon.be/ |
| Mapa | |
A provincia do Brabante Valón (francés: Brabant wallon, neerlandés: Waals-Brabant) é a máis nova e tamén a máis pequena provincia belga.
Baixo a tutela da Rexión valona, está fortemente polarizada por Bruxelas, da que é unha extensión periurbana. As principais communes son Wavre, Waterloo, Braine-l'Alleud, Nivelles, Tubize, Rixensart, Ottignies-Louvain-la-Neuve e Jodoigne.
A provincia contaba (a 1 de xaneiro de 2008) con 373.4922 habitantes. A súa superficie é de 1.093 km² e a súa capital é a cidade de Wavre.[1]
Índice |
Pequena historia [editar]
A provincia naceu da escisión da antigua provincia unitaria de Brabante ente o Brabante Flamengo (de fala predominante neerlandesa) e o Brabante Valón (de fala predominante francesa).[2].
Dita escisión levouse a cabo por un acordo de cooperación asinado o 30 de maio de 1993 entre o Estado federal, as tres Rexións e as Comunidades francesa e flamenga.
O nacemento oficial da provincia do Brabante Valón consagrouse o 1 de xaneiro de 1995.
Concellos (communes) do Brabante Valón [editar]
A provincia está formada por un único arrondissement (distrito) —Nivelles— que inclúe 27 communes (municipios ou concellos). A capital do arrondissement é Nivelles (Nijvel, en neerlandés).
| Distrito de Nivelles: |
1. Beauvechain - Bevekom |
Gobernadores [editar]
- 1995-2000: Valmy Féaux
- 2000-2007: Emmanuel Hendrickx
- Desde o 8 de xaneiro de 2007: Marie-José Laloy (nomeada polo Goberno Valón)
Evolución recente da poboación [editar]
Poboación de dereito a primeiro de xullo de cada ano:
| Arrondissement | 01-07-2003 | 01-07-2004 | 01-07-2005 | 01-07-2006 |
|---|---|---|---|---|
| Nivelles | 358753 | 361418 | 364722 | 367693 |
| -- dos cales estranxeiros | 29.512 | 29.445 | 30.133 | 30.395 |
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Institut national de statistique - Direction générale Statistique et Information économique
- ↑ Charles-Étienne Lagasse, Les Nouvelles Institutions politiques de la Belgique et de l’Europe, Erasme Namur, 2003, páxs. 133-137
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Comunidades, rexións e provincias de Bélxica | ||
|---|---|---|
| Comunidades: | ||
| Rexións e provincias: | ||

