Nube
Unha nube é un conxunto visible de partículas minúsculas de auga en estado líquido ou de xeo, ou de ambas ao mesmo tempo, en suspensión na atmosfera despois de se teren condensado en virtude de fenómenos atmosféricos. Este conxunto pode tamén conter partículas de auga líquida ou de xeo en maiores dimensións, e partículas procedentes, por exemplo, de vapores industriais, de fumeiras ou de po.
As nubes presentan diversos aspectos que varían dependendo esencialmente da natureza, dimensións, número e distribución no espazo das partículas que a constitúen e das correntes de ventos atmosféricos. Depende tamén da intensidade e da cor da luz que a nube recebe, ben como das posicións relativas do observador e da fonte de luz (sol e a lúa) en relación á nube.
Índice |
Constitución das nubes[editar]
As nubes están constituídas por gotículas ou cristais de xeo que se forman en torno de núcleos microscópicos, que poden ser de po, na atmosfera. Despois de formadas, as nubes poden ser transportadas polo vento no sentido ascendente ou descendente. No primeiro caso a nube é forzada a se elevar e, debido ao arrefriamento, as gotículas de auga poden ser total ou parcialmente conxeladas. No segundo caso, como xa se indicou, a nube pódese disipar pola evaporación das gotículas de auga.
Polo tanto, as nubes poden estar constituídas por gotículas de auga e cristais de xeo ou, incluso, exclusivamente por cristais de xeo en suspensión no ar húmido. Así, a constitución da nube vai depender da súa temperatura e altitude.
Formación de nubes[editar]
Hai varios procesos de formación das nubes e das súas consecuentes formas e dimensións.
As nubes son formadas polo arrefriamento do ar ata a condensación da auga sobre unha partícula soluble en suspensión no ar (aerosol)debido á subida e expansión do ar. É o que sucede cando unha parcela de ar sobe a niveis onde a presión atmosférica é cada vez menor e o volume de ar se expande. Esta expansión require enerxía que é absorbida do calor da parcela, e, por iso, a temperatura descende. Este fenómeno é coñecido por arrefriamento adiabático. A condensación e conxelación ocorren en torno de núcleos apropiados, procesos que resultan do arrefriamento adiabático, o cal, en troca, resulta de ar ascendente.
Unha vez formada a nube poderá evolucionar, medrando cada vez máis, ou disiparse. A disipación da nube resulta da evaporación, das gotículas de auga que compoñen, motivada por un aumento de temperatura resultante da mestura do ar con outra masa de ar máis quente, polo quencemento adiabático ou, incluso, pola mestura cunha masa de ar seco. Tamén pode ser debida a precipitación en forma de choiva
Unha nube pode xurdir cando unha certa masa de ar é forzada a moverse para riba acompañado o releve do terreo. Esas nubes, ditas de “orixe orográfica” tamén resultan da condensación do vapor de auga debido ao arrefriamento adiabático do ar.
Clasificación[editar]
| Cirro | |
| Alto | |
| Estrato | |
| Nimbo |
En canto ao aspecto[editar]
- Estratiformes - desenvolvemento horizontal, cubrindo grande área; de pouca espesura; precipitación de carácter leve e continuo.
- Cumuliformes - desenvolvemento vertical, en grande extensión; xorden isoladas; precipitación forte, en pancadas e localizadas.
En canto á constitución[editar]
- Líquidas - constituídas por gotículas de auga.
- Sólidas - constituídas por cristais de xeo.
- Mistas - constituídas por gotículas de auga e cristais de xeo.
En canto á altura[editar]
De acordo co Atlas Internacional de Nubes da OMM (Organización Meteorolóxica Mundial) existen tres alturas de nubes:
- Nubes Altas: base por riba de 6 km de altura - sólidas.
- Nubes Medias: base entre 2 a 4 km de altura nos pólos, entre 2 a 7 km en latitudes medias, e entre 2 a 8 km no ecuador - líquidas e mixtas.
- Nubes Baixas: base ata 2 km de altura - líquidas.
Tipos de nubes[editar]
- Cirrus (CI): aspecto delicado, sedoso ou fibroso, cor branca brillante. Lembron rabos de cavalo. Fican a 8 mil metros de altitude, nunha temperatura a 0 °C. Por iso son constituídas de microscopios cristais de xeo.
- Cirrocumulus (CC): delgadas, compostas de elementos moito pequenos en forma de gránulos e rugas. Indican base de corrente de xato e turbulencia.
- Cirrostratus (CS): veo transparente, fino e esbranquizado, sen ocultar o sol ou a lúa, presentan o fenómeno de halo (fotometeoro). Fican logo abaixo dos Cirrus e tamén son formados por cristais de xeo.
- Altostratus (AS): capas cincentas ou azuladas, moitas veces asociadas a altocumulus; compostas de gotículas superesfriadas e cristais de xeo; non forman halo, encbren o sol; precipitación leve e contínua.
- Altocumulus (AC): banco, lenzol ou capa de nubes brancas ou cincentas, tendo xeralmente sombras propias. Constituen o chamado "ceo encarneirado".
- Stratus (ST): moito baixas, en capas uniformes e suaves, cor cinza; coladas á superficie é o nevoeiro; presenta topo uniforme (ar estable) e produce chuvisca (orballo). Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractostratus (FS).
- Stratocumulus (SC): lenzol contínuo ou descontínuo, de cor cinza ou esbranquizada, tendo sempre partes escuras. Cando en vóo, hai turbulencia dentro da nube.
- Nimbostratus (NS): aspecto amorfo, base difusa e baixa, moi espesa, escura ou cincenta; produce precipitación intermitente e máis ou menos intensa.
- Cumulus (Cu): contornos ben definidos, asemellanse a coliflor; máxima frecuencia sobre a terra de día e sobre a auga de noite. Poden ser orográficas ou térmicas (convectivas); presentan precipitación en forma de pancadas; correntes convectivas. Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractocumulus (FC). As moi desenvolvidas son chamadas cumulus congestus. É sinal de bon tempo.
- Cumulonimbus (CB): nube de treboada; base entre 700 e 1.500 m, con cumios chegando a 24 e 35 km de altura, sendo a media entre 9 e 12 km; están formadas por gotas de agua, cristais de xeo, gotas superesfriadas, flocos de neve e saraiba. Caracterizadas pola "bigornia": o cumio presenta expansión horizontal debido aos ventos superiores, lembrando a forma dunha bigornia ou zafra de ferreiro, e é formado por cristais de xeo, sendo nubes do tipo Cirrostratos (CS).
Galería de imaxes[editar]
-
Huayna Picchu, (Perú).
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]