Nube de Oort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este diagrama mostra a relación entre o (presunto) tamaño da nube de Oort e o resto do Sistema Solar

A Nube de Oort foi proposta polo astrónomo holandés Jan Hendrik Oort (1900-1992) en 1950 como explicación á existencia dos cometas de período longo, tratándose dunha vasta rexión esférica que envolve o noso Sistema solar á unha distancia de 100.000 ata 55.000 UA do Sol, e que está composta de po e mais duns 100.000.000.000 de núcleos cometarios que, ocasionalmente, lánzanse en dirección ao Sol en virtude dalgunha perturbación na súa órbita.

Moito alén da órbita de Plutón, a medio camiño da estrela máis próxima está o limite do Sistema Solar. Esa rexión esférica, que se estende nun radio de 3 anos luz, ou sexa, 30 billóns de quilómetros do Sol non está baleira, senón que contén 6 billóns de pedras de xeo de diversas dimensións. Jan H. Oort verificou que os cometas de longo período viñan dunha rexión situada de 20.000 a 100.000 UA do Sol e previu que o Sistema Solar estaba rodeado por unha nube composta de miles de millóns de cometas. Ata hoxe ninguén viu a nube de Oort, esa xigantesca rexión esférica que abriga cometas e outros resíduas da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar.

Ninguén mediu o seu tamaño, a súa densidade ou contou o número de obxectos que aló existen. Probabelmente non será feito nun futuro próximo pois os corpos sitúanse a distancias moi grandes e son moi pequenos para seren detectados polos instrumentos existentes. Mais os científicos teñen a certeza de que existe. Ela é totalmente diferente das outras rexións do Sistema Planetario que contén restos da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar. Mentres que os corpos do anel de asteroides, situado entre Marte e Xúpiter, e da nube de Kuiper, situada logo despois da órbita de Netuno, están confinados ás proximidades do plano da Eclítica, os da nube de Oort están espallados en todas as direccións. É ben probable que exista maior aglomeración (5 billóns) nas proximidades do plano da Eclítica e o restante (1 billón) espallados aleatoriamente.

Os científicos estiman que a masa total de obxectos na nube de Oort debe ser da orde de 40 masas Terrestre. Para explicar a variada composición química dos cometas os científicos din que esa materia debe ter se formado a diferentes distancias do Sol e, polo tanto en locais con diferentes temperaturas. A temperatura na nube de Oort debe ser de -269° C, ou sexa 4° C por riba do cero absoluto.

Aló nas profundidades desa nube a acción gravitacional do Sol é tan fraca que os corpos están suxeitos á perturbacións debido a estrelas que pasaren nas proximidades do Sol, á mareas galáticas ou pola pasaxe do Sol por nubes intergalácticas, e con iso se precipitaren na dirección do Sol.

Os científicos aínda buscan resposta a algunhas preguntas:

  • Porque todo no Sistema Solar ten forma de disco e a nube de Oort é esférica?
  • Se a acción gravitacional do Sol é inexistente a esas distancias, por que os cometas caen na dirección do Sol?
  • Se cada poucos millóns de anos pasa unha estrela próxima do Sol; dentro de 1,36 millóns de anos a estrela Gliese 710 pasará a un ano luz do Sol; porque os encontros anteriores non quitaron xa todos os corpos de aló?.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]