James Watt

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

James Watt

James Watt, nado o 19 de xaneiro de 1736 e falecido o 19 de agosto de 1819, foi un matemático e enxeñeiro escocés.

Naceu en Greenock, Escocia, viviu e traballou en Birmingham, Inglaterra. Foi un membro chave da Sociedade Luar (Lunar Society). Moitos dos seus escritos consérvanse na biblioteca "Birmingham Central".

[editar] Os seus logros como enxeñeiro

Watt inventou o movemento paralelo para converter o movemento circular a un movemento case rectilíneo, e o medidor de presión para medir a presión do vapor no cilindro ao longo de todo o ciclo de traballo da máquina, mostrando así a súa eficiencia e axudándoo a perfeccionala.

Watt axudou ao desenvolvemento da máquina de vapor, converténdoa, dun proxecto tecnolóxico, a unha forma viable e económica de producir enerxía. Watt descubriu que a máquina de Newcomen estaba gastando case tres cuartos da enerxía do vapor en quentar o pistón e o cilindro. Watt desenvolveu unha cámara de condensación separada que incrementou significativamente a eficiencia.

Watt opúxose ao uso de vapor a alta presión, e hai quen lle acusa de haber ralentizado o desenvolvemento da máquina de vapor por outros enxeñeiros, ata que as súas patentes expiraron no ano 1800. Xunto ao seu socio Matthew Boulton loitou contra enxeñeiros rivais como Jonathan Hornblower quen intentou desenvolver máquinas que non caesen dentro do ámbito, extremadamente xeneralistas, das patentes de Watt.[Cómpre referencia]

Creou a unidade chamada cabalo de potencia para comparar a saída das diferentes máquinas de vapor.

Morre por unha tuberculose o 19 de agosto de 1819. As súas herdanzas foron doadas á biblioteca "Birminghan Central".

Ferramentas persoais