Molécula bipolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha molécula bipolar ou dipolo molecular é unha molécula na que os elementos que quedan cargados positivamente (por cederen electróns) predominan nunha beira da molécula e os que están cargados negativamente (por tomaren electróns) no outro. Deste xeito a molécula ten dous polos, (asemellándose á imaxe dun imán). Debido a esta distribución de cargas, as moléculas bipolares teñen importantes propiedades eléctricas. Un caso moi coñecido e amplamente estudado é o da molécula de auga.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.