Benceno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O benceno, C6H6, é un líquido incoloro e inflamable, cun olor doce e agradable. É un coñecido carcinóxeno. Forma parte da mestura das gasolinas, do napalm, etc. É un disolvente moi usado e base para a produción de medicamentos, plásticos, gasolina, caucho sintético, ... É un constituínte natural do petróleo, pero é sintetizado de xeito usual a partir doutros compostos que están presentes en maior cantidade relativa. É a base dos hidrocarburos aromáticos. Foi Kekulé quen descubriu a súa estrutura.