Hidrólise
Chámase hidrólise a unha reacción química ácido-base entre unha substancia, tipicamente un sal, e a auga.[1] Esta reacción é importante polo grande número de situacións nas que a auga actúa como disolvente. Tamén se aplica a algunhas reaccións ácido-base nas que participa a auga e rompe un enlace covalente, como se mostra na figura.
Ao estaren disolvidos en auga, os ións que forman un sal combínanse cos ións hidronio (H3O+) ou ben cos ións hidroxilo (OH-), ou con ambos os dous. Ditos ións proceden da disociación da auga. Isto produce un desprazamento do equilibrio de disociación da auga e como consecuencia modifícase o valor do pH.


Os ións A-, BH+ procedentes de ácidos febles AH ou bases febles B hidrolízanse por acción da auga. O grao da reacción depende da debilidade do ácido ou da base. Os ións procedentes de ácidos ou bases fortes non se hidrolizan apreciablemente. Tanto a reacción como a súa constante de equilibrio pódense obter por combinación da reacción ácido-base coa reacción de disociación da auga. Así, os sales obtidos a partir de ácidos e bases fortes non se hidrolizan, os obtidos a partir de ácidos e bases débiles hidrolízanse de forma que o pH depende das dúas constantes, e nos obtidos a partir dunha combinación de ácido e base na que só un deles é forte, será o forte o que determine o pH.
Notas [editar]
- ↑ Morcillo, Jesús. Temas básicos de química (2ª ed.). ISBN 9788420507828.