As Burgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′05″N 7°51′54″W / 42.33472°N 7.865°W / 42.33472; -7.865

As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais, a unha temperatura entre 64 e 68ºC cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías.

Índice

[editar] Composición da auga

A composición da auga das Burgas, segundo a análise feita polos doutores Souto e Bermejo en 1990, é a seguinte:

Composición química das augas das Burgas.


  • Ph.................... 7,56
  • Residuo seco.......... 649,2 mg/l
  • Litio................. 1,14 mg/l
  • Sodio................. 102,2 mg/l
  • Potasio............... 8,15 mg/l
  • Rubidio............... 0,16 mg/l
  • Cesio................. 0,11 mg/l
  • Calcio................ 11,2 mg/l
  • Magnesio.............. 0,69 mg/l
  • Boro.................. 1,24 mg/l
  • Cloruro............... 25,0 mg/l
  • Fluoruro.............. 13,49 mg/l
  • Bicarbonato........... 462 mg/l
  • Nitrato............... 0,33 mg/l
  • Sílice................ 71,8 mg/l

[editar] Orixe do nome

A orixe do nome das Burgas non está moi clara. Para algúns autores pode proceder de celta "beru" que quere dicir quente, pero a etimoloxía máis aceptada é a que provén do latín "burca" que quere dicir pía, en alusión ós baños utilizados polos romanos como balnearios.

A Burga de Abaixo.

[editar] Mananciais

Son tres mananciais: a Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ó século XVII; a Burga do Medio, pegada ó muro e de estilo moderno; e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, século XIX, con dous canos laterais e unha pía labrada no centro con outro cano. Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense.

Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975.

Como dato curioso podemos comentar que antigamente as paisanas usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis doada.

Tampouco está clara a orixe destes mananciais: unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a estoupar.

Xunto coa Catedral e a Ponte Romana, son un dos símbolos da capital ourensá, á que se lle deu en chamar "Cidade das Burgas".

A comezos de 2005, por mor dunhas escavacións non autorizadas asociadas á construción dun novo balneario, resultou perforado un dos pozos que alimentan as Burgas, perdéndose un 40% do caudal, e secando un dos canos principais das fontes polas que xorden as augas.

O 28 de xullo de 2010 inaugurouse a nova piscina termal na Burga do Medio, obra do arquitecto galego César Portela[1]

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas