Fervenza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fervenza no río Belelle
Unha fervenza, abanqueiro, cachoeira, cadoiro, ruxidoiro, seimeira ou salto é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.
Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.
As grandes fervenzas reciben o nome de cataratas mentres que as pequenas son denominadas cachóns.
Índice |
[editar] Fervenzas galegas
- Fervenza das Hortas no regato de Saímes, entre Arzúa e Touro
- Fervenza do Barbantiño, en Ourense
- Fervenza do Belelle, entre Fene e Neda
- Fervenza do Toxa, en Pazos, Silleda
- Fervenza do Xallas
- Fervenza do Cenza, en Vilariño de Conso
- Pozas de Melón
- Fervenza da Férveda, en Escuadro, Silleda
- Fervenza de Sampaio, en Carballo
- Fervenza da Freixa, en Liñares (A Lama)
- Fervenza de Cuñas, na Roca (Ponte Caldelas)
- Fervenza de Vilagocende, na Fonsagrada
[editar] Cachóns galegos
[editar] Cataratas
- As cataratas do Niágara no estado de Nova York (EUA)
- As cataratas do Iguazú na fronteira entre Paraguai e Brasil