Magma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Magma é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas volcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos. Os produtos dunha erupción volcánica xeralmente conteñen gases disolvidos que poden nunca ter alcanzado a superficie do planeta. O magma acumúlase en cámaras, situadas no interior da codia terrestre, tendo, segundo a localización, leves alteracións na súa composición.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.