Henry Cavendish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Cavendish
Nacemento10 de outubro de 1731
Lugar de nacementoNiza
Falecemento24 de febreiro de 1810
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
EtniaPobo inglés
Alma máterPeterhouse, Universidade de Cambridge e Newcome's School
Ocupaciónquímico, físico e matemático
PaiCharles Cavendish
NaiAnn Grey
IrmánsFrederick Cavendish
Premiosmembro da Royal Society e Medalla Copley
Na rede
WikiTree: Cavendish-137 Find a Grave: 8279 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Henry Cavendish, nado en Niza o 10 de outubro de 1731 e finado o 24 de febreiro de 1810, foi un físico e químico británico. Como físico, é coñecido polo experimento de Cavendish (mediante o que posteriormente se determinou a constante da gravitación universal); e como químico, polo descubrimento do hidróxeno e da composición da auga.

Parte da súa popularidade posterior deriva do seu singular carácter persoal (extremadamente reservado) e das múltiples anécdotas que balizan a súa biografía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia que nado en Francia, Cavendish foi fillo de pais británicos pertencentes á adiñeirada e respectada nobreza inglesa: Lord Charles Cavendish duque de Devonshire e Lady Ann Gray.

Aos 11 anos entrou a estudar na Escola de Newcome (en Hackney), ingresando aos 18 anos (1749) na Peterhouse, Universidade de Cambridge. Nesa época destacou por ser un alumno aplicado, calado, moi tímido, reservado e encerrado no seu mundo, os seus profesores adoitaban dicir que sempre estaba na lúa (supúxose que tiña a Síndrome de Asperger, aínda que en realidade se dedicaba a razoar e reflexionar sobre diversos temas científicos.

Cavendish é especialmente coñecido polas súas investigacións na química da auga e do aire, e polo cálculo da densidade da Terra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]