Encélado (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encélado
Enceladus from Voyager.jpg
Descubrimento
Descuberto por William Herschel
Data 17 de setembro de 1789
Características orbitais
Semieixo maior 237.948 km
Excentricidade 0,0045
Período orbital 32 h 53 m
Inclinación orbital 0,019 °
Satélite natural de Saturno
Características físicas
Diámetro principal 498,8 km
Masa 1,08×1020 kg
Densidade media 1,61 g/cm³
Gravidade superficial 0,113 m/s²
Período de rotación síncrono coa súa órbita
Inclinación axial 0,0 °
Albedo 0,99
Atmosfera Variable,

Aprox. 65% vapor de auga

Encélado é un satélite de Saturno, descuberto en 1789 por William Herschel. A pesar do seu pequeno tamaño, ten unha gran variedade de características superficiais como, por exemplo, superficies vellas e craterizadas, como tamén superficies xoves e moi lisas. Dada a súa posición no anel E, a xove aparencia de parte da súa superficie e o descubrimento recente dunha tenue atmosfera, é moi probable que estea xeoloxicamente activo. Encélado encóntrase nunha resonancia orbital 2:1 con Dione, situación semellante ao caso de Ío e Europa, o cal puidera prover a enerxía necesaria para quentar levemente este satélite, aínda que a causa (ou causas) do quecemento de Encélado é actualmente un tema de investigación.


Encélado debe o seu nome a un titán da mitoloxía grega, derrotado nunha batalla e sepultado baixo o volcán Etna pola deusa Atenea.





Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas