Materia orgánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A materia orgánica acumúlase nas augas estancadas e no chan.

A materia orgánica é o conxunto de substancias químicas que conteñen carbono, formando enlaces covalentes carbono-carbono e/ou carbono-hidróxeno. Tamén poden conter osíxeno, nitróxeno, xofre, fósforo, boro, halóxenos e outros elementos. Estes compostos denomínanse moléculas orgánicas. Non son moléculas orgánicas os compostos que conteñen carburos, os carbonatos, e os óxidos de carbono. Algúns consideran inorgánicos os cianuros e o carbono do grafito e diamante e os fulerenos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]