Amoeba
- Este artigo trata das amebas do xénero Amoeba, para as células con forma de ameba en xeral ver ameboide.
| Amoeba | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Especies | |||||||||||||
Amoeba (ameba) é un xénero de protozoos sen forma definida formadores de pseudópodos e uninucleados da familia Amoebidae. Actualmente comprende a especie Amoeba proteus (antes chamada Chaos diffluens e Amoeba diffluens).
Outra especie que antes se clasificaba neste xénero é Amoeba dubia, que actualmente se clasifica como Polychaos dubium.
O xénero Amoeba está moi relacionado co xénero Chaos, pero este é multinucleado.
Índice |
Historia [editar]
A ameba foi descuberta por August Johann Rösel von Rosenhof en 1757.[1] Os primeiros naturalistas denominaban ás amebas animálculos de Proteo polo deus grego Proteo, que podía cambiar de forma, igual que estes microorganismos. O nome "amiba" foille dado por Bory de Saint-Vincent,[2] procedente do grego amoibè (αμοιβή), que significa cambio.[3]
Características [editar]
O citoplasma divídese en ectoplasma e endopplasma. Son células heterótrofas que capturan o alimento cos seus pseudópodos por fagocitose, e almacenan a comida nun vacúolo dixestivo. As Amoeba teñen un só pseudópodo grande en posición anterior (no sentido do avance), e varios secundarios nos lados. Cando se move a masa celular flúe cara ao pseudópodo anterior e retráese dos outros, o que se chama movemento ameboide. A especie Amoeba proteus en movemento ten un tamaño entre 220 e 740 μm,[4] o que a converte nunha das células ameboideas máis grandes.[5]
Debido á presenza de fitocromos, Amoeba proteus pode ter diversas cores (xeralmente, amarelo, verde, púrpura) vista ao microscopio.
Reprodúcense asexualmente por mitose e citocinese.[6] En ambientes desfavorables as amebas poden segregar unha membrana protectora e formar quistes nos que están en estado durmente agardando a que melloren as condicións.[7].
A Amoeba proteus ten un xenoma de gran tamaño de 290.000 Mb (100 veces maior ca o humano).[8]
Osmorregulación [editar]
Amoeba proteus é unha especie de vida libre de auga doce. Ten un só vacúolo contráctil que expulsa auga para manter o equilibrio osmótico. O exceso de auga do citoplasma entra no vacúolo, e este ao fusionarse coa membrana plasmática, contráese rapidamente liberando a auga no exterior. O vacúolo está rodeado de pequenas vesículas, van aumentando de tamaño e parece que son as que traen a auga. Cando se baleira queda enrugada e pouco despois aparecen as pequenas vesículas arredor,[9] que se suxeriu que proceden da propia membrana do vacúolo contráctil. As membranas do vacúolo e das pequenas vesículas teñen a proteína acuaporina,[9] que facilita o paso de auga. Como as vesículas entre todas teñen unha gran superficie, recollen máis rápido a auga ca un vacúolo grande só.[9]
Na membrana das pequenas vesículas hai tamén ATPase vacuolar,[9] que bombea H+ ao interior das vesículas, acidificando o seu pH, creando un gradiente para facilitar o transporte de ións (seguramente K+ e Cl-), o que crea un gradiente osmótico que favorece a entrada de auga nas vesículas.[9] Se a célula non expulsa o exceso de auga, incha e pode chegar a rebentar.[10]
Vídeos [editar]
|
Amoeba fagocitando unha diatomea.
|
Notas [editar]
- ↑ Leidy, Joseph (1878). "Amoeba proteus". The American Naturalist 12 (4): 235–238. DOI:10.1086/272082. JSTOR 2463786.
- ↑ Audouin, Jean-Victor; et al (1826). Dictionnaire classique d'histoire naturelle. Rey et Gravier. pp. 5. http://books.google.com/?id=1I8DAAAAQAAJ&pg=PA158&lpg=PA158&dq=%22bory+de+saint+vincent+jean+baptiste+genevieve+marcellin%22+amibe#PPA5,M1.
- ↑ McGrath, Kimberley; Blachford, Stacey (eds.) (2001). Gale Encyclopedia of Science Vol. 1: Aardvark-Catalyst (2nd ed.). Gale Group. ISBN 0-7876-4370-X. OCLC 46337140.
- ↑ "Amoeba proteus". Amoebae on the Web. http://amoeba.ifmo.ru/species/amoebidae/aprot.htm. Consultado o 2009-10-08.
- ↑ MacIver, Sutherland. "Isolation of Amoebae". The Amoebae. http://www.bms.ed.ac.uk/research/others/smaciver/Protocols/AmoebaProts/isolation_of_amoebae.htm. Consultado o 2009-10-08.
- ↑ "Amoeba". Scienceclarified.com. http://www.scienceclarified.com/Al-As/Amoeba.html.
- ↑ Amoeba
- ↑ http://www.genomenewsnetwork.org/articles/02_01/Sizing_genomes.shtml
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Nishihara, E., Yokota, E., Tazaki, A., Orii, H., Katsuhara, M., Kataoka, K., et al. (2008). Presece of aquaporin and V-ATPase on the contractile vacuole of Amoeba proteus. Biology of the cell , 100 (3), 179-188.
- ↑ Patterson, D.J. (1981). "Contractile vacuole complex behaviour as a diagnostic character for free living amoebae". Protistologica 17: 243–248.