Segundo
O segundo (símbolo no SI: s[1]) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Pode ser medido cun reloxo.
A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.
O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.
Índice |
[editar] Definicións
[editar] Tradicional
Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día)[2].
[editar] Sistema Internacional de Unidades (SI)
- Artigo principal: Sistema Internacional de Unidades.
As últimas tendencias científicas levaron á necesidade de definir esta magnitude de forma máis precisa. Por iso, na actualidade a definición oficial de segundo é:
… a duración equivalente a 9.192.631.770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.
[editar] Múltiplos do segundo no SI
| Múltiplo | Nome | Símbolo | Múltiplo | Nome | Símbolo | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 100 | segundo | s | ||||
| 101 | decasegundo | das | 10–1 | decisegundo | ds | |
| 102 | hectosegundo | hs | 10–2 | centisegundo | cs | |
| 103 | quilosegundo | ks | 10–3 | milisegundo | ms | |
| 106 | megasegundo | Ms | 10–6 | microsegundo | µs | |
| 109 | gigasegundo | Gs | 10–9 | nanosegundo | ns | |
| 1012 | terasegundo | Ts | 10–12 | picosegundo | ps | |
| 1015 | petasegundo | Ps | 10–15 | femtosegundo | fs | |
| 1018 | exasegundo | Es | 10–18 | attosegundo | as | |
| 1021 | zettasegundo | Zs | 10–21 | zeptosegundo | zs | |
| 1024 | yottasegundo | Ys | 10–24 | yoctosegundo | ys |
[editar] Notas
- ↑ Ás veces abréviase de xeito erróneo como seg.
- ↑ SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units
| Unidades de tempo | |||
|---|---|---|---|
| femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo | |||
| minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón | |||