Ra
| Ra | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Phyllobates bicolor, unha ra velenosa sudamericana |
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Xéneros e especies | ||||||||||||
| Véxase texto | ||||||||||||
Ra é o nome galego para designar aos anfibios anuros de varias familias, especialmente aos da dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, aos membros do xénero Rana.
Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou estroza (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).[1]
Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, tope e ponzoñoso. O escaso ineterse que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural pore eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galiza caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a poel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga.[2] Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.
En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da agua. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Puerto Rico, mentres que a maior é a ra goliat (Conraua goliath, antes Rana goliath), de Camerún e Guinea Ecuatorial).
Índice |
Ras en Galiza [editar]
En Galiza hai catro especies de ras:
- Dúas son do chamado "grupo das ras pardas" (de cor parda, beis, laranxa ou avermellada, cunha mancha escura aos lados da cabeza).
- Rana iberica, coñecida polos nomes comúns de ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa. É unha ra moi frecuente no noroeste peninsular, e é a ra máis pequena das galegas, con patas posteriores moi longas. Ten o fociño rematado en punta, os ollos grandes e o seu canto é baixo. Está moi ligada á auga, e base a súa alimentación en pequenos invertebrados, principalmente artrópodos.
- Rana temporaria, coñecida polos nomes comúns de ra vermella ou ra do monte. Ten a cabeza máis ancha que longa, o fociño arredondado, os ollos prominentes e o tímpano grande e ben marcado. O canto non é moi forte e está distribuída polo centro e norte das provincias da Coruña e Lugo, e nalgunhas serras pontevedresas.
- Rana perezi, chamada popularmente ra verde. Pertence ao "grupo das ras verdes" e posúe un canto moi forte. Trátase dunha ra grande, co fociño rematado en punta e los ollos grandes e moi xuntos. Chega a vivir como mínimo uns 10 anos. Aliméntase de artrópodos, moluscos e oligoquetos.
- Hyla arborea, chamada popularmente estroza, ra de Santo Antón ou rela. É unha pequena ra de costumes gabeadores, unha pequena ra de pel lisa e cor verde brillante. Ten o fociño curto e arredondado que se pode ver en todo o territorio galego.
As ras habituais en Galiza teñen o dorso verdoso ou pardo, o abdome claro e os ollos saltóns. A palabra "ra" é un epiceno, carece de masculino: O sapo é un animal diferente.
Especies [editar]
Algunhas das especies denominadas "ras" son:
- Agalychnis callidryas - Ra arbórea de ollos colorados
- Centrolenella spp. - Ras de vidro
- Ceratophrys ornata - Ra propia de Arxentina, en español "escuerzo"
- Cyclorana platycephalus - Ra do deserto
- Dendrobates ssp. - Ras velenosas
- Eleutherodactylus coqui - coquí
- Gastrotheca marsupiata - Ra marsupial
- Hyla arborea - Ra de Santo Antón, estroza ou rela.
- Hyla faber - Ra ferreiro
- Leptodactylus ocellatus - Ra crioula
- Lithobates blairi - Ra leopardo norteamericana
- Lithobates clamitans - Ra verde norteamericana, ra de cobre
- Litoria caerulea - Ra arbórea de White
- Litoria nasuta - Ra foguete
- Phyllobates ssp. - Ras velenosas
- Pseudacris crucifer - Ra crucífera
- Pseudis paradoxus - Ra patiño
- Rana berlandieri (e outros xéneros) - Ra leopardo
- Rana catesbiana - Ra touro
- Rana esculenta - Ra europea
- Rana iberica - Ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa.
- Rana goliath - Ra goliat
- Rana perezi - Ra verde.
- Rana temporaria - Ra vermella, ra do monte.
- Rhacaphorus nigripalmatus - Ra voadora asiática
- Rhinoderma darwini - Ra de Darwin ou sapiño vaqueiro
Galería de imaxes [editar]
-
Rana temporaria no Muíño de Cerceda
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The Whole Frog Project - (disección virtual da ra e a súa anatomía) (en inglés)
- Disappearance of toads, frogs has some scientists worried ~ San Francisco Chronicle, 20 de abril de 1992 (en inglés)