Coulomb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O coulomb ou culombio[1], con símbolo C, é unha unidade derivada do SI para a medida da magnitude física carga eléctrica. Defínese como a cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente de un amperio de intensidade:

 1 \ \mathrm{C} = 1 \ \mathrm{A} \cdot \mathrm{s}

É arredor de 6.24×1018 veces a carga de un electrón. Nomeada en honor de Charles-Augustin de Coulomb (1736 - 1806). O seu plural é coulombs.

Tamén pode expresarse en relación a capacidade e a voltaxe a partir da definición de faradio:

1 \ \mathrm{C} = 1 \ \mathrm{F} \cdot \mathrm{V}

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]