Aleksei Abrikosov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alekséi Alekséyevich Abrikósov»)
Aleksei Alekseevich Abrikosov
Datos persoais
Nacemento25 de xuño de 1928
LugarMoscova
Falecemento30 de marzo de 2017
LugarPalo Alto (Estados Unidos)
Causadoenza
NacionalidadeRusia, Estados Unidos de América e Unión Soviética
CónxuxeSvetlana Bunkova
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade Estatal de Moscova
Director de teseLev Landau
Contribucións e premios
Coñecido porFísica da materia condensada
PremiosPremio Nobel de Física (2003)
É fillo do patólogo Aleksei Ivanovich Abrikosov.
editar datos en Wikidata ]

Aleksei Alekseevich Abrikosov (en ruso: Алексей Алексеевич Абрикосов), nado o 25 de xuño de 1928 en Moscova e finado o 30 de marzo de 2017 en Palo Alto (Estados Unidos), foi un físico estadounidense, fillo do patólogo Aleksei Ivanovich Abrikosov.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na escola secundaria en 1943 e continuou os seus estudos en enxeñaría. En 1945 trasladouse ó Departamento de Física da Universidade Estatal de Moscova, de onde se graduou en 1948 cunha mestría. En 1951 presentou a súa tese sobre a difusión térmica en plasmas total e parcialmente ionizados; así obtivo o grao de Candidato de Ciencias (Ph.D.) e foi incorporado ó persoal do Instituto como científico junior.[1]

Foi premiado co Premio Nobel de Física en 2003 polas súas contribucións á teoría dos superconductores e superfluidos.

Recibiu o Premio Landau da Academia Rusa de Ciencias en 1989.[2]

Cargos[editar | editar a fonte]

  • 1950-1969: profesor titular na Universidade Estatal de Moscova.
  • 1970-1972: profesor da Universidade Gorkii.
  • 1976-1991: catedrático de física teórica no Instituto de Moscova de Aceiro e Aliaxes (Universidade Técnica).
  • 1987: foi nomeado membro da Academia Rusa de Ciencias.[2]
  • Profesor adxunto na Universidade de Illinois en Chicago e a Universidade de Utah.
  • Profesor adxunto na Universidade de Loughborough, Reino Unido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nobelprize.org. "The Nobel Prize in Physics 2003 - Autobiography" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Argonne National Laboratory (7 de outubro de 2003). "Argonne scientist wins 2003 Nobel Prize for Physics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]